Batalla de Annual: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
→‎Efectos en España: engado referencia de cita
Liña 26:
Coñécese como '''Desastre de Annual''' a grave derrota militar que sufriu o exército español durante a [[Guerra do Rif|Guerra de Marrocos]] (ou [[Guerra do Rif]]) o [[22 de xullo]] de [[1921]], preto da localidade marroquí de [[Annual]], fronte as tropas rifeñas baixo o mando de [[Abd el-Krim]]. A denominación de "Desastre de Annual" dase unicamente en [[España]], xa que no [[Rif]] coñécese como "Vitoria de Annual".
 
Esta foi unha das maiores crises que atacaron o reinado de [[Afonso XIII de España|Afonso XIII]], e o intento de evitar as responsabilidades foi unha das causas do golpe de estado de Primo de Rivera e a posterior Ditadura.
 
== Antecedentes dos feitos ==
Liña 43:
== O desastre ==
[[Ficheiro:Desastre de Annual.svg|miniatura|300px|Desastre de Annual.]]
O día [[29 de maio]], o xeneral Silvestre decidiu establecer unha posición avanzada no monte Abarran, contradicindo as ordes do seu xefe, o Alto Comisario de España en Marrocos [[Dámaso Berenguer y Fusté|Dámaso Berenguer]], aínda que este movemento, ao parecer, tiña o apoio de [[Afonso XIII]]. Chegaron o 1 de xuño e, ese mesmo día, a guarnición foi atacada polo inimigo, morrendo todos os defensores, en torno a cen.<ref name=":1">Giráldez (2003), p.43</ref> O [[7 de xuño]] estableceuse outra posición no monte Igueriben, coa idea de defender o campamento de Annual polo sur. Esta posición foi atacada e quedou en poder do inimigo o día [[21 de xullo]], despois dun longo cerco no que os defensores quedaron sen auga e morreron, soamente 11 puideron chegar a Annual dos 350 que había no campamento.[[Ficheiro:Abd el-Krim.jpg|miniatura|150px|Abd el-Krim]]
Tras estes sucesos, concentráronse arredor do campamento as forzas inimigas. Os rifeños estaban comandados por [[Abd el-Krim|Mohamed Ben Abdelkrim El Jatabi]] (Abd el-Krim), antigo funcionario da Administración española na Oficina de Asuntos Indíxenas en Melilla.
 
Durante a noite do 21 ao 22, o xeneral Silvestre discutiu cos seus oficiais a forma de saír do cerco. Sen chegar a ningún acordo, a primeiras horas da mañá, e baixo fogo inimigo, deuse a orde de retirada e as tropas abandonaron o campamento; algúns oficiais saíron con calma, pero a maioría dos soldados saíu correndo e de forma desordenada, producíndose o masacre no camiño a [[Melilla]]. Nesta fuxida producíronse feitos de heroísmo, como o do Rexemento de Alcántara, que cargou en numerosas ocasións até a extenuación e sufrindo o maior número de baixas.
Liña 55:
En total calculase que nos combates morreron máis de 10&nbsp;000 españois e uns 1&nbsp;000 rifeños<ref name=":0" />, aínda que hai autores que elevan as perdas.<ref name=":1" />
 
A crise política motivada por este desastre fixo dicir a [[Indalecio Prieto]] nas Cortes:<ref>{{Cita libro|título=El tricornio estofado|apelidos=Martínez Salanova|nome=Enrique|editorial=Cultiva libros|ano=2016|ISBN=978-16-35036-04-6|ref=|lugar=Madrid|lingua=es|páxina=127}}</ref>
 
::''«Estamos en el periodo más agudo de la decadencia española. La campaña de África es el fracaso total, absoluto, sin atenuantes, del ejército español»''.
Liña 64:
 
== Notas ==
{{Listaref|30em}}
 
== Véxase tamén ==
Liña 70:
 
=== Bibliografía ===
 
* {{Cita libro|título=Historia Contemporánea de España desde 1923: Dictadura y democracia|apelidos=Avilés Farré|nome=Juan|editorial=Centro de Estudios Ramón Areces|ano=2011|ISBN=|apelidos2=Egido León|nome2=Ángeles|apelidos3=Mateos López|nome3=Abdón|lugar=Madrid|ref=}}
* {{Cita libro|título=La guerra española|apelidos=Beevor|nome=Antony|editorial=Booket|ano=2006|ISBN=978-8408103851|serie=Col. Biblioteca Antony Beevor|lugar=Madrid|ref=}}
Liña 76 ⟶ 75:
 
=== Outros artigos ===
 
* [[Guerra do Rif]]
* [[Desembarco de Alhucemas]]
 
{{Control de autoridades}}