Ivan Goncharov: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Ogaiago (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Ogaiago (conversa | contribucións)
Liña 33:
A súa obra máis importante e coñecida ''[[Обломов|Oblómov]]'' apareceu o ano [[1859]] e tivo un éxito enorme, proporcionándolle ó autor uns ingresos de 10.000 rublos. A sona da novela espallouse polos círculos cultivados rusos e a obra provocou un intenso debate. As interpretacións da obra son múltiples. A inacción e indolencia do protagonista foron vistas por algúns como símbolo da situación de estancamento da sociedade rusa da época e foi con este sentido que a palabra “oblomovismo” se incorporou á lingua rusa. Oblomov transformouse axiña nun dos mitos da literatura rusa.
 
A súa derradeira novela ''Обрыв (Obryv. O precipicio)'' que escribira durante case vinte anos, apareceu no ano [[1868]]. Nela opóñense a ideoloxía nihilista revolucionaria dun personaxe cínico e os valores tradicionais e relixiosos dunha bondadosa anciá, polos que ao final se acaba decantando Vera, a moza protagonista. Antes da ediciónpublicación lera xa fragmentos dela a [[Ivan Turgenev|Ivan Turguenev]], a quen despois acusou de plaxialo na súa novela ''Отцы и дѣти (Otsy i Dieti. Pais e fillos)''. As continuas sospeitas de ser plaxiado de Goncharov (que acusou mesmo a [[Gustave Flaubert]] de aproveitar informacións sobre a súa obra que tería recollidas de Turgenev) son se cadra unha proba dos problemas psicolóxicos de Goncharov nos seus últimos anos, que pasou enfermo e en total retiro. Morreu ós 79 anos de idade en San Petersburgo, onde está enterrado.
 
{{Control de autoridades}}