John F. Kennedy: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Asasinato: Central Intelligence Agency
m →‎Vida política: de América
Liña 15:
A comezos dos anos 1950 convértese en [[senado]]r polo estado de [[Massachusetts]].
 
Como candidato [[Partido Demócrata (Estados Unidos de América)|demócrata]] gañou na elección presidencial de [[1960]] ao entón vicepresidente, [[Richard Nixon]] e o seu mandato só durou aproximadamente mil días. Durante ese tempo tiveron lugar varios feitos salientables na historia dos [[Estados Unidos de América|EUA]]: a aceleración da [[carreira espacial]], o aumento do papel de Estados Unidos na [[guerra de Vietnam]] e a [[invasión de Baía de Cochinos]], que desencadeou a [[crise dos mísiles de Cuba]] en [[1962]]. As negociacións entre o goberno de Kennedy e [[Nikita Khrushchev]] conseguiron deter as hostilidades; así e todo, durante toda a historia da [[guerra fría]] xamais se estivo tan preto dunha confrontación armada directa entre as dúas potencias.
 
En canto a [[Latinoamérica]], lanzou o seu programa "[[Alianza para o Progreso]]", que pretendía lograr un maior achegamento entre as diferentes nacións de [[América]], con respecto a [[Estados Unidos de América|EEUU]], para deste xeito afastalas da influencia soviética, encarnada en [[Cuba]]. Froito deste plano foi o xurdimento de [[Cidade Kennedy]], que na actualidade é o barrio máis grande de [[Bogotá]], con máis dun millón de habitantes.