Iecava: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "{| align=right cellpadding=4 cellspacing=0 width=280 style="margin: 0 0 1em 1em; background: #f9f9f9; border: 1px #aaaaaa solid; font-size: 95%;" |+<big>'''Iecava'''</big> |- | al..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 2 de maio de 2019 ás 20:31

Iecava (en letón Iecava, en polaco Ekawa) é unha vila de Letonia. Forma parte da rexión administrativa de Zemgale, ocupa veciñanza coa capital do país ao localizarse a 46 km de Riga. O parque principal da cidade acolle o maior número de niños de corvos do país.

Iecava
Iecava, Letonia
Topónimo oficial Iecava
País Letonia
Poboación:  
 - Total 5660 (2017)[1]
Alcalde  Iavars Mačeks Páxina web  www.iecava.lv

Historia e persoeiros

Iecava foi o campo de batalla entre tropas rusas e prusianas baixo o mando de Napoleón durante a seu intento de invasión ao Imperio Ruso. Na Primeira Guerra Mundial voluntarios fineses achegaron en Iecava suficiente artillaría para conter o ataque do xeneral Radko Dimitriev contra tropas alemás. [2] En Iecava pódese atopar un cementerio formado por 1116 tumbas de soldados soviéticos caidos alí en batalla no ano 1944. [3]

 
Iecava, cementerio de soldados soviéticos, Segunda Guerra Mundial, Letonia

Entre os veciños destacados atópanse :

Economía

A industría avícola e en concreto a produción de ovos, con case dous millóns ao día lideran a economía en Iecava. Balticovo posúe a súa factoría nas lindes da vila. [4]

Notas

  1. Iecava(en letón)
  2. Iecava(en inglés)
  3. Iecava(en inglés)
  4. Iecava(en inglés)