Diferenzas entre revisións de «Manuel Comneno Ducas»

sen resumo de edición
m (Arranxos varios)
 
 
== Traxectoria ==
Manuel foi o fillo lexítimo do ''[[sebastocrátor]]'' Xoán Ducas. Foi así un primo irmán do emperador [[Isaac II Anxo]] e [[Aleixo III Anxo]], e irmán de [[Miguel I Comneno Ducas]] e Teodoro Comneno Ducas de [[Despotado de Epiro|Epiro.]] Probabelmente despois de 1225 ou 1227 déuselle o título de ''déspota'' como ao seu irmán, Teodoro. Case ao mesmo tempo casou, se cadra coa súa segunda esposa, María Asenina Comnena, a filla ilexítima de Iván Asen II de [[Bulgaria]], o que axudou a cimentar a alianza do seu irmán con este país.
 
Despois da derrota e captura do seu irmán Teodoro por parte dos [[Pobo búlgaro|búlgaros]] na Batalla de Klokotnitsa en 1230 a Manuel foille permitido por Iván Asen II gobernar sobre [[Tesalónica]] e os seus arredores co título de ''déspota.'' Nun momento dado Manuel tratou de establecer contactos co [[Papa]]do, pero en 1232 a longa ruptura co Patriarcado Oriental en [[Imperio de Nicea|Nicea]] foi finalmente remediada.
52.362

edicións