Bobby Fischer: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Os últimos anos: Central Intelligence Agency
Liña 36:
O encontro con Spassky celebrouse en [[Reiquiavik]]. Concitou unha extraordinaria atención en todo o mundo. Foi visto tamén como un encontro político en plena [[guerra fría]]. Fisher perdeu a primeira partida en enfrontamento limpo e a segunda por non presentarse. Parecía que Spassky retería o título para o xadrez soviético pero Bobby venceu na terceira. A cuarta partida foi táboas e desde a quinta impúxose rotundamente Fischer. Logo dun tenso desenvolvemento, Fischer venceu o seu rival tras 21 partidas (Spassky abandonou a partida decisiva mentres o seu adversario durmía no hotel) e coroouse [[Campión do mundo de xadrez|campión mundial]] o [[31 de agosto]] de [[1972]] cun total de 7 partidas gañadas, 3 perdidas e 11 táboas. Foi o primeiro e único estadounidense en conquistar o título. Foi coñecida pola historia como "a partida do século".
 
Este momento supuxo tamén a fin da súa carreira. Desde entón non volveu xogar ningunha partida oficial durante o seu reinado e, cando en [[1975]] tivo que defender o título fronte ao aspirante [[AnatoliAnatolii Karpov]], púxolle tantos requirimentos á FIDE que lle retirou o título por incomparecencia. Dende aquela e ata [[1992]] non volveu xogar en público e levou unha vida retirada.
 
==== A partida 21 ====