Guerra de Kosovo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta14)
m →‎Campaña de bombardeos da OTAN: Central Intelligence Agency
Liña 76:
Atacáronse os chamados ''obxectivos de uso dual'', usados á vez por civís e militares. Estes incluían pontes sobre o [[Danubio]], fábricas, centrais eléctricas, instalacións de telecomunicacións, e aqueles que resultaron particularmente controvertidos, a sede dos esquerdistas iugoslavos (un partido político dirixido pola esposa de Milošević) e a torre de radiodifusión da televisión estatal serbia. Algúns viron estas accións como violacións das leis internacionais e en particular da [[convencións de Xenebra|convención de Xenebra]]. A OTAN, porén, argumentou que estas instalacións eran potencialmente útiles para os militares serbios e, por tanto, o seu bombardeo estaba xustificado. A alianza tamén mantivo que se esforzou en evitar vítimas civís durante a campaña de bombardeos.
 
A comezos de maio unha aeronave da OTAN atacou un convoi de refuxiados albaneses, alegando que se creu que era un convoi militar serbio; morreron ao redor de 50 persoas. A OTAN tardou cinco días en admitir a súa responsabilidade, chamándoo un erro. Porén, os serbios acusaron á OTAN de atacar deliberadamente aos refuxiados. O 7de7 de maio, bombas da OTAN impactaron na embaixada chinesa de [[Belgrado]], matando a varios diplomáticos chineses e indignando á opinión pública chinesa. Os Estados Unidos e máis tarde a OTAN pediron desculpas polo bombardeo, aclarando que o sucedido fora debido a un mapa obsoleto da rexión proporcionado pola [[Central Intelligence Agency|CIA]]. Este argumento foi contradito conxuntamente polos xornais ''The Observer'' (Reino Unido) e ''Politiken'' (Dinamarca),<ref>[http://www.guardian.co.uk/Kosovo/Story/0,2763,203214,00.html ''The Guardian/The Observer''. Kosovo Story. Nato bombed Chinese deliberately.] {{en}} Consultada o 23/12/2011.</ref> os cales informaron que a OTAN bombardeou de forma deliberada a embaixada porque funcionaba como repetidor para os sinais de radio do exército iugoslavo. Tamén se dixo que foi debido a que desde a embaixada analizábanse os voos dos avións invisíbeis estadounidenses. O bombardeo tensou as relacións entre China e os países da OTAN e provocou que no exterior das embaixadas occidentais en [[Beijing]] se deran mostras de enfado e malestar.
 
A principios de xuño, a solución do conflito parecía próxima e os países da OTAN empezaron a pensar seriamente nunha operación terrestre, unha invasión de Kosovo. Isto debía ser organizado rapidamente, xa que quedaba pouco tempo para que chegara o inverno e había que traballar moito para mellorar as vías desde os portos gregos e albaneses até as rotas planexadas para levar a cabo a invasión, a través de Macedonia e o nordeste de Albania. Porén, ao mesmo tempo, negociadores finlandeses e rusos continuaban intentando persuadir a Milošević de que cedera. Finalmente este recoñeceu que a OTAN estaba resolta a acabar co conflito dun modo ou outro e que Rusia non interviría en apoio de Serbia. Con tan poucas alternativas á vista, Milosešević aceptou as condicións ofrecidas polo equipo mediador de Finlandia-Rusia e permitiu a presenza militar de tropas da OTAN dentro de Kosovo, pero lideradas pola ONU.