Lactato deshidroxenase: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Uso médico: Arranxos varios, replaced: {{cite web → {{Cita web (2)
m Arranxiños
Liña 84:
| CDD =
}}
A '''lactato deshidroxenase''' ou '''L-lactato deshidroxenase''' ('''LDH''' ou '''LD''') é un [[encimaenzima]] que se encontra en animais, plantas e [[procariota]]s, que intervén na [[fermentación homoláctica]]. Como [[deshidroxenase]] que é transfire un hidróxeno dunha molécula a outra. En concreto, a lactato deshidroxenase cataliza a conversiónn [[reacción reversible|reversible]] do [[piruvato]] en [[lactato]] e á vez converte o [[coencima]] [[NADH]] na súa forma oxidada NAD<sup>+</sup>.
 
<center>Piruvato + NADH + H<sup>+</sup> {{Eqm}} L-lactato + NAD<sup>+</sup></center>
Liña 107:
O [[etanol]] pode afectar indirectamente á actividade deste encima. O etanol é deshidroxenado a [[acetaldehido]] pola [[alcohol deshidroxenase]], e despois este é transformado en [[acetato]] pola [[acetaldehido deshidroxenase]]. Durante esta reacción prodúcense 2 NADH. Se están presentes grandes cantidades de etanol, prodúcense grandes cantidades de NADH, o que orixina unha depleción do NAD<sup>+</sup> celular. Deste xeito, a conversión de piruvato en lactato increméntase debido á rexeneración asociada do NAD<sup>+</sup> que se produce. Por tanto, pode ocorrer unha acidose láctica metabólica no envelenamento por etanol.
 
O incremento da proporción NADH/NAD<sup>+</sup> tamén pode causar hipoglicemia nun individuo en [[xexúnxaxún]] que estivo bebendo e é dependente da [[gliconeoxénese]] para manter os niveis de [[glicosa]] sanguínea. A [[alanina]] e o [[lactato]] son importantes precursores gliconeoxénicos que entran na gliconeoxénese en forma de piruvato. A proporción alta NADH/NAD<sup>+</sup> cambia o equilibrio da lactato deshidroxenase cara ao lactato, para que se forme menos piruvato e, por tanto, diminúa a gliconeoxénese.
 
== Isoencimas ==