Austin, Texas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 3:
|bandeira =
|escudo =
|imaxe = [[Ficheiro:AustinSkylineLouNeffPoint-2010-03-29-b.JPG|280px]]
|pé = Vista da cidade
|situación = {{Mapa de localización
Liña 38:
|sitio web = [http://www.austintexas.gov/ Páxina oficial de Austin]
}}
'''Austin''' é unha cidade, capital do estado de [[Texas]] en [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]]. Segundo datos do [[2007]] ten 743.074 habitantes, o que a converte na decimosextadécimo sexta cidade dos Estados Unidos en poboación. Ademais das súas funcións como sede do goberno do estado, '''Austin''' é un centro comercial, fabril, docente e de convencións. Entre a súa produción, destacan os artigos de alta tecnoloxía, como equipos eléctricos, semiconductores e equipos informáticos. É a sede da [[Universidade de Texas en Austin]] ([[1883]]).
 
En [[1730]] misioneiros franciscanos estableceron tres misións temporais na zona, por entón ocupada por poboación autóctona dos grupos comanche, [[tonkawa]] e lipán. En [[1838]], asentouse neste lugar unha comunidade permanente á que se deu o nome de Waterloo. Ao ano seguinte esta comunidade incorporouse á [[República de Texas]], sendo designada o seu capital e rebautizada en honra de [[Stephen F. Austin]], considerado como 'o pai de Texas'. A maior parte dos texanos ansiaban separarse do territorio mexicano e aspiraban á unión cos Estados Unidos por razóns comerciais. En [[1842]], en tempos de [[Antonio López de Santa Anna]], produciuse un incidente que obrigou a trasladar a capital a [[Houston, Texas|Houston]], pero os cidadáns de '''Austin''' forzaron o regreso da capitalidade en [[1844]] cando a anexión de [[Texas]] era xa todo un feito.