Bobby Fischer: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: Arranxos varios, replaced: <br> → <br/>
m →‎Os últimos anos: Central Intelligence Agency
Liña 65:
 
=== Os últimos anos ===
En setembro de [[1992]] aceptou participar nun encontro de exhibición conmemorando os 20 anos do seu enfrontamento con Spassky (xa nacionalizado [[Francia|francés]]) que había de ter lugar en [[Iugoslavia]]. Volveu vencer o seu antigo rival e obtivo o premio de 3 millóns de dólares que ofrecera un empresario iugoslavo. Pero en 1992, Belgrado estaba baixo o bloqueo do goberno dos Estados Unidos e a acción de Fischer foi considerada no seu propio país como un acto de [[traizón]] e foi posto na lista de fuxitivos do [[FBI]] e da [[Central Intelligence Agency|CIA]]. Entón, Fischer desapareceu de novo.
 
O [[13 de xullo]] de [[2004]], Fischer reapareceu en público cando, mentres pretendía ir a [[Filipinas]] desde [[Toquio]], foi detido no [[aeroporto internacional de Narita]] por usar un pasaporte que o goberno dos Estados Unidos cancelara. As autoridades [[Xapón|xaponesas]] prendérono á espera de resolver o problema suscitado pola petición de extradición dos Estados Unidos. O [[15 de decembro]] dese ano, o goberno islandés aceptou darlle asilo político a Fischer nese país, para así escapar á extradición a Estados Unidos, e ordenou o seu traslado inmediato a [[Reiquiavik]], onde podería recibir unha nova cidadanía. A pesar das presións do goberno estadounidense, o [[9 de marzo]] de [[2005]], aínda encarcerado, recibiu un pasaporte islandés como agasallo polo seu 62 aniversario. O [[21 de marzo]], o parlamento islandés aprobou conceder a cidadanía islandesa a Bobby Fischer, con 40 votos a favor e dúas abstencións, e tres días despois, tras 8 meses de detención, foi posto en liberdade e deportado a Islandia, onde cualificou a [[George W. Bush]] de criminal e ao primeiro ministro xaponés [[Iunichiro Koizumi]] como monicreque de Bush.