Diferenzas entre revisións de «Acción Gallega (revista)»

== Historia e características ==
=== Primeira época ===
Subtitulada ''Defensora de los intereses regionales'' e editada en [[Madrid]], apareceu o [[15 de xaneiro]] de [[1910]]. Revista quincenal dirixida por [[Basilio Álvarez]]. Os colaboradores habituais eran [[Manuel Linares Rivas]], [[Alfredo Vicenti]], [[Manuel Portela Valladares]], [[José R. Carracido]], [[Prudencio Canitrot]], [[Luis Antón del Olmet]], [[Manuel Lezón]] e [[Alfonso Alcalá Martín]]. Tamén colaboraron esporadicamente [[Manuel Murguía]], [[Juan Barcia Caballero]], [[Augusto Barcia Trelles]], [[Santiago Casares Quiroga]] e [[Rodrigo Sanz]].
 
Fíxose eco de todos os movementos campesiños de Galicia. Cesou a súa publicación en agosto de 1910, despois do fracaso da [[Liga Agrario-Redencionista]] e da [[II Asemblea Agraria de Galicia]].
186.621

edicións