Abrir o menú principal

Cambios

Luís licenciouse en [[1922]]. Antes de dedicarse á poesía, fixo incursións na [[pintura]] e na [[música]]. Posteriormente realizou o doutoramento en [[Madrid]], aloxándose na [[Residencia de Estudiantes]], nunha época na que nesa cidade existía un grande ambiente cultural (residían daquela alí [[Federico García Lorca]], [[Salvador Dalí]], [[Luis Buñuel]], [[Ramón María del Valle-Inclán]] e [[Pío Baroja]]), para volver xa definitivamente ao seu Lugo natal e exercer como médico. No [[1927]] entra a formar parte da directiva do [[Círculo das Artes de Lugo]] e máis tarde consegue unha praza como médico de garda no Hospital Municipal.<ref name="CELESTINO">{{Cita libro |ligazónautor=Celestino Fernández de la Vega |apelidos={{Versaleta|Fernández de la Vega}} |nome=C. |ano=1983 |capítulo=Vida e poesía de Luís Pimentel |título=Sombra do aire na herba |colección=[[Biblioteca Básica da Cultura Galega|BBdCG]] }}</ref> Trabou amizade persoal con [[Ánxel Fole]], quen o animaba constantemente a publicar os seus versos, e estableceu correspondencia con outros poetas como [[Dámaso Alonso]], [[Vicente Aleixandre]] ou [[Jorge Guillén]].<ref>{{Cita publicación periódica |autor={{Versaleta|[[Dámaso Alonso|Alonso]]; [[Vicente Aleixandre|Aleixandre]]}} e {{Versaleta|[[Jorge Guillén|Guillén]]}} |url=https://minerva.usc.es/xmlui/bitstream/handle/10347/1654/pg_113-122_bgl3.pdf |título=Cartas inéditas a Luis Pimentel |revista=[[Boletín Galego de Literatura|BGL]] |número=3 |ano=1990 |páxinas=111-120 }}</ref>
[[Ficheiro:Algúns colaboradores da revista Ronsel. 1924.jpg|miniatura|esquerda|260px|Algúns colaboradores de ''[[Ronsel]]''.]]
No [[1924]] publicou os seus primeiros poemas na revista ''[[Ronsel]]'', dirixida por [[Evaristo Correa Calderón]] e [[Álvaro Cebreiro]]. Son poemas intimistas e sinxelos, pero moitas veces irónicos e mesmo burlescos.<ref name="CELESTINO"/> Colaborou tamén no xornal vigués ''[[El Pueblo Gallego]]'', na revista ''[[Nós (revista)|Nós]]'', na madrileña ''[[La Gaceta Literaria]]'', na lisboeta ''[[Descobrimento]]'', nas luguesas ''[[Yunque]]'' e ''[[Vanguardia Gallega]]'', na santiaguesa ''[[Resol]]'', na viguesa ''[[Alba (revista)|Alba]]'' (que lle dedicou monograficamente o n.º 10, de 1960) e noutras publicacións literarias e poéticas.<ref>{{Cita libro |apelidos-editor={{Versaleta|Vilavedra}} |nome-editor={{Versaleta|D.}} |ligazón-editor=Dolores Vilavedra |ano=1997 |título=Diccionario da Literatura Galega |volume=II. Publicacións periódicas |editorial=Galaxia |ISBN=84-8288-137-X }}</ref><ref name="FFRHLG">{{Cita libro |título=Historia da literatura galega |nome={{Versaleta|F.}} |apelidos={{Versaleta|Fernández del Riego}} |ligazónautor=Francisco Fernández del Riego |edición=2ª |ano=1971 |ano-orixinal= 1951 |páxinas=221-223 }}</ref> A ferrolá ''[[Aturuxo (revistaFerrol)|Aturuxo]]'' foi a primeira en dedicarlle un monográfico (n.º 11, 1960).
[[Ficheiro:Luís Pimentel, Pilar Cayón e Rula.jpg|miniatura|260px|Luís Pimentel, Pilar Cayón e Rula.]]
O [[12 de outubro]] de [[1930]] casou en Mondoñedo con María del Pilar Cayón Fernández,<ref>''[[Céltiga (revista)|Céltiga]]'' [http://consellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_em_pub1670_Celtiga_n141.pdf Ano VII. n.º 141. p. 33-34. 10/11/1930] [[Buenos Aires]].</ref> que coñecera en 1918 en Santiago e coa que terá unha filla, Rula.<ref name="COUTO"/><ref name="AHF81">{{Cita libro |editor={{Versaleta|[[Araceli Herrero Figueroa|Herrero. A.]]}} |ano=1981 |url=http://cloud10.todocoleccion.online/libros-segunda-mano/tc/2014/05/09/14/43252893.jpg |título=Luis Pimentel. Obra inédita o no recopilada |editorial=[[Edicións Celta|Celta]] }}</ref> Despois da [[Guerra civil española|guerra civil]] asistiu aos faladoiros de [[Ánxel Fole]] e [[Celestino Fernández de la Vega]].<ref name="ANGUEIRA">{{Cita libro |título=De Rosalía a Dieste 33 anos das letras |url=http://literaturagalega.as-pg.gal/obras/de-rosalia-a-dieste-33-anos-das-letras.html |apelidos={{Versaleta|Angueira}} |nome=A. |ligazónautor=Anxo Angueira |editorial=[[Edicións Xerais de Galicia|Xerais]] |ano=1995 |páxinas=151-156 |isbn=84-7507-878-8 }}</ref>
172.173

edicións