Karate: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta14)
Liña 73:
Os nobres do Reino de Lequias ensinaban artes marciais que empregaban armas ou non, nun modelo moi próximo do xaponés que eventualmente xerou escolas familiares. Foi tamén resultado deste modelo o desenvolvemento do [[Ryukyu kobujutsu|kobudo]], que era a denominación dos estilos, mais que acabou por designar só as técnicas de combate con armas. Ocorre, porén, que orixinalmente no kobudo de Okinawa a parte de loita sen armas era nomeada ''toshu'' ({{lang|ja|徒手}}), ''toshukuken'' ({{lang|ja|徒手空挙}}) ou ''toshujutsu'' ({{lang|ja|徒手術}}).<ref>{{cita libro|lingua=castelán|título=Karate y Kobudo Okinawense|nome=Shigeo|apelidos=Nakazato|editor=Kier|ano=2005|páxina=31}}</ref>
 
O que moi probabelmente sucedeu como consecuencia da prohibición de levar de armas foi que os nobres de Okinawa perfeccionaron o combate con armas, adaptando outros obxectos, coma o eku (remo), a ''[[tonfa]]'' e o ''[[nunchaku]]'', que eran orixinalmente instrumentos de traballo, para manexo de muíño e debaga de grans e arroz. Nalgún momento do século XVII a loita desarmada pasou a ser chamada "Okinawa-te" ou "Uchinaadi" ({{lang|ja|沖縄手}}), que significa "man de Okinawa". Nesta época, xurdiu a figura de [[Matsu Higa]], nobre local, que alcanzou moita sona a causa das súas habilidades en loita, algunhas das cales serían aprendidas de loitadores chineses de [[wushu]]. Crese que Sensei Higa fose, dentro de seu estilo propio, o primeiro a estabelecer un conxunto formal de técnicas e chamalo ''ti''.<ref>{{Cita web|lingua=castelán|url=http://www.to-de.org/to-de.html|título=To-De|dataacceso=29 de marzo de 2014|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20160303204327/http://www.to-de.org/to-de.html|dataarquivo=03 de marzo de 2016|urlmorta=si}}</ref><ref>{{Cita web|lingua=portugués|url=http://senseijadir.comze.com/index.php?option=com_content&view=article&id=69%3Ahistoria-do-karate&catid=40%3Akarate&showall=1|título=História do Karate|dataacceso=29 de marzo de 3014}}</ref><ref>{{cita libro||lingua=alemán|título=Die Meister des Karate und Kobudo|nome=Thomas|apelidos=Heinze|editor=Books on Demand|ano=2009|páxina=63}}</ref>
 
Nun proceso cultural e evolutivo asemellado ao que sucedía no resto do Xapón, os mestres guerreiros construían as súas técnicas e os seus instrumentos de guerra adaptados ás súas necesidades. Coma os samurais formaron o [[jujitsu]], que era adecuado ás súas necesidades de loita desarmada e usando armadura, os ''peichin'' fixérono en Okinawa. Varios elementos entraron na composición daquilo que pasou a ser chamado ''Tode'' ou ''Todi'' ({{lang|ja|唐手}}, man chinesa), pois, nalgún momento do [[século XVIII]] ou entre os séculos XVII e XVIII, o que foi máis influente foron os estilos meridionais de [[chuan fa]]. En todo caso, pódese afirmar seguramente que no Reino de Lequias desenvolvíase un produto de formación eclética, polo que pode ser notado no establecemento dun código moral, moi próximo daqueles de orixe xaponesa, composto polos principios de compaixón, dedicación e perfeccionamento.<ref>{{Cita web|lingua=inglés|url=http://www.chilternkarate.co.uk/about-karate/history-of-karate/|título=History of Karate|editor=Chiltern Karate Association|dataacceso=29 de marzo de 2014}}</ref>