Abrir o menú principal

Cambios

m
→‎Regreso a Ghana: Mahatma Gandhi
Nkrumah comezou a súa axitación polo país adiante. De comunidade en comunidade proclamou que a [[Costa de Ouro]] precisaba o "autogoberno", ao tempo que edificaba unha ampla base de poder. Os agricultores do cocos uníronselle porque estaban en desacordo coa política británica. Solicitou que as mulleres tomasen parte no proceso político nunha época na que o [[sufraxio feminino]] era aínda recente nas [[democracia]]s occidentais. Os sindicatos tamén se xuntaron ao seu movemento. Cara [[1949]], organizara todos eses grupos nun novo partido denominado The Convention People’s Party (Partido da Convención Popular) (CCP). Nkrumah, ademais de poder contar co seu propio [[carisma]] persoal, buscou rodearse de persoas con habilidade propagandística que soubesen aproveitar todos os medios ao seu alcance, especialmente xornalísticos. Fundáronse novos xornais como ''Accra Evening News'' e ''Cape Coast Daily Mail'' que, a diferenza das anteriores publicacións políticas do país, eran redactadas de xeito simple e comprensíbel. O goberno colonial británico probou a censurar e reprimir os xornais, mais desta vez só conseguiu inflamar o ánimo da poboación.
 
O [[9 de xaneiro]] de [[1950]] Nkrumah proclamou unha grande folga con demostracións polo país enteiro, que se denominou “Positive Action” (Acción concreta): a idea era imitar o exemplo de [[Mahatma Gandhi|Gandhi]] na India. Algúns tumultos conseguintes deron ao goberno colonial a escusa para arrestar de novo a Nkrumah.
 
== A Independencia de Ghana ==
99.632

edicións