Bangladesh: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta14)
m →‎Século XX: Indira Gāndhi
Liña 88:
A guerra da liberación de Bangladesh tivo lugar durante a [[guerra fría]]. Os [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] e maila [[China]], ao consideraren a guerra un asunto interno do Paquistán, preferiron apoiar o Paquistán Occidental. Por outra banda, a [[India]], [[URSS]], [[Xapón]] e os países occidentais demostraron solidariedade con Bangladesh. Para gañar vantaxe sobre o eixo China-Estados Unidos-Paquistán, o Tratado de Amizade Indo-Soviético foi asinado o 9 de agosto do 1971.
 
A India, debido á súa localización xeográfica e ao seu antagonismo militar co Paquistán, apoiou vehementemente a guerra da liberación, especialmente despois de que a URSS tamén apoiase a causa. Estratexicamente, a independencia de Bangladesh significaría un punto menos de ataque do Paquistán á India. Certamente o goberno rexional daría apoio ás terras dos grupos étnicos. O 27 de marzo do [[1971]], a primeira ministra da [[India]] [[Indira GandhiGāndhi]], expresou total apoio á loita bengalí pola liberdade. A fronteira Bangladesh-India foi aberta. Os gobernos dos estados indios de [[Bengala Occidental]], [[Bihar]], [[Assam]], Meghalaya e Tripura estableceron campos de refuxiados ao longo da fronteira. Eses campos volvéronse de inmediato lugares de recrutamento para combatentes na loita pola liberación bengalí. O cuartel xeral das forzas de Bangladesh foi establecido en [[Calcuta]], comezando a funcionar o 12 de abril de 1971. O tenente coronel M. A. Rab e o capitán A. K. Khandaker foron designados como Xefe e Vice-Xefe respectivamente.
 
Durante a guerra, baixo severa oposición do goberno do Paquistán, a [[BBC]] continuou a cobertura a través da radio BBC Bangla no sur da [[Asia]]. Entre os esforzos internacionais para aumentar a concienciación houbo o “Concerto para Bangladesh” promovido polo ex-[[Beatle]] [[George Harison]].