Xenocidio armenio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{Sen notas}}
{{Contén texto armenio}}
[[Ficheiro:Marcharmenians.jpg|miniatura|300px|]]
O '''xenocidio armenio''' (en {{lang-hy|Հայոց ցեղասպանություն}}; ''Hayots tseghaspanutyun'', e en {{lang-tr|Ermeni Soykırımı}}) (tamén coñecido coma '''holocausto armenio''' ou '''masacre armenio''') é o termo normalmente empregado para facer referencia á deportación masiva e á morte durante a mesma dun número indeterminado de civís [[pobo armenio|armenios]], estimado en varios centos de miles ou máis dun millón, no goberno dos [[Mozos Turcos]] no [[Imperio Otomán]], dende [[1915]] até [[1917]], durante a [[I Guerra Mundial]].
 
Liña 31 ⟶ 32:
Dende a fin do [[século XIX]], un grupo de opositores ó Sultán [[Abdul Hamid II]] formouse e deu orixe ó [[Comité de Unión e Progreso]] (CUP), composto esencialmente de nacionalistas ou de progresistas turcos - que en Europa son chamados «[[Mozos Turcos]]». O CUP recibe o apoio de numerosos movementos que representan as minorías do Imperio, incluídos os movementos independentistas e autonomistas armenios como [[Dashnak]]. Porén esta alianza circunstancial atopa o seu límite nunha cuestión crucial, a da creación dun Estado armenio autónomo ou independente. Os [[Mozos Turcos]] chegan a derrubar ó sultán en [[1909]] co apoio dos movementos minoritarios, e pasan a dirixir entón o [[Imperio Otomán]]. O CUP non acepta a creación dun Estado armenio, polo que os movementos independentistas deixan de apoialos e procuran novas alianzas na rexión, particularmente preto dos rusos.
 
[[Ficheiro:Van Defenders.jpg|miniatura|esquerda|200px|Armenios defendendo Van, na primavera de 1915.]]
O [[1 de novembro]] de [[1914]], despois de seren solicitados por [[Alemaña]], o Imperio Otomán entra na [[I Guerra Mundial]] do lado das potencias centrais. Novas frontes ábrense entón, sobre a fronteira [[Cáucaso|caucásica]] con [[Rusia]]. A 3ª armada otomá que se precipitou sen preparación loxística no entón territorio ruso, en concreto atacou ás forzas rusas na cidade de [[Kars]], é esmagada en [[xaneiro]] de [[1915]], na [[Batalla de Sarikamish]]. Os dirixentes do CUP deciden sacar proveito á guerra para resolver definitivamente, polo medio da exterminación dos armenios, a «Cuestión armenia» (''Ermeni sorunu'') que, dende o [[Congreso de Berlín]] de [[1878]], é un dos puntos máis espiñosos da «Cuestión de Oriente». Ademais, animados por unha ideoloxía nacionalista turca, ven nos armenios un obstáculo á súa unificación [[etnia|étnica]] en [[Anatolia]] e á súa expansión nos países de [[lingua turca]] de [[Asia]] central.