Arte de paisaxes: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
vals > vales, plural de val
Yann (conversa | contribucións)
Liña 78:
[[Ficheiro:Giovanni Fattori 051.jpg|miniatura|[[Giovanni Fattori]]: ''Descanso na [[Maremma]] con granxeiros'', [[1873]]-[[1875]].]]
[[Ficheiro:Camille Pissarro 021.jpg|miniatura|esquerda|190px|[[Camille Pissarro]]: ''Paisaxe en Chaponval'', [[1880]].]]
[[Ficheiro:La Montagne Sainte-Victoire vue de la carrière Bibémus, par Paul Cézanne 112.jpg|miniatura|200px|[[Paul Cézanne]]: ''[[A montaña de Sainte-Victoire, vista desde Bibémus]],'' h. [[1898]]-[[1900]].]]
«Todo conduce necesariamente á paisaxe», dixo o pintor alemán [[Philipp Otto Runge|Runge]], frase que se pode aplicar a todo o [[século XIX]]. En [[Europa]], como se deu conta [[John Ruskin]],<ref>''Pintores Modernos'', volume tres, contén a sección relevante, «Da novela das paisaxes».</ref> e expuxo sir [[Kenneth Clark]], a pintura de paisaxe foi a gran creación artística do século XIX, co resultado de que no seguinte período a xente era «capaz de asumir que a apreciación da beleza natural e a pintura de paisaxes é unha parte normal e permanente da nosa actividade espiritual».<ref>Clark, ''Paisaxes na arte'', prefacio.</ref> Na análise de Clark, as formas europeas subxacentes para converter a complexidade da paisaxe nunha idea foron catro aproximacións fundamentais: pola aceptación de símbolos descritivos, pola curiosidade sobre os feitos da natureza, pola creación de fantasías para aliviar soños de profundas raíces na natureza e pola crenza nunha [[Idade de ouro]], de harmonía e orde, que podería ser recuperada.