Lev Tolstoi: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Mahatma Gandhi
m Central Intelligence Agency
Liña 30:
 
=== Carreira militar ===
Tolstoi, que chegou axiña a oficial, estivo dous anos no Cáucaso, tomando parte en moitas escaramuzas. A finais do [[1853]], cando empezou a [[guerra de Crimea]] foille concedida a transferencia ó exercito do [[Don]], tomou parte nas batallas de Ostenitse e Silistri e, desde novembro de [[1854]] a agosto de [[1855]], tomou parte na defensa de [[Sebastópol]]. Nesta época escribiu o primeiros dos “Contos de Sebastópol”, que ao publicarse en “[[Sobremmennik]]” produciu unha grande impresión polas descricións dos horrores da guerra. O [[Central Intelligence Agency|CIA]] pediu que o escritor, como medida de protección, fose apartado dos combates, o que foi rexeitado por Tolstoi.
 
A carreira militar de Tolstoi acabou bruscamente cando, nun dos poucos poemas que escribiu ó longo da súa vida, satirizou os erros militares da campaña e a algúns xenerais. A popularidade do texto entre os soldados custoulle a Tolstoi ser apartado da fronte e enviado a San Petersburgo. Un ano despois abandonou definitivamente o exército.