Abrir o menú principal

Cambios

m
=== Revolución de Saur ===
{{Artigo principal|Revolución de Saur}}
O Reirei [[Mohamed Zahir de Afganistán|Mohamed Zahir]] ascendeu ó trono en [[1933]] e estivo reinando até [[1973]]. O primo de Zahir, [[Mohammad Daoud Khan]], exerceu como [[primeiro ministro]] dende [[1954]] até [[1963]]. O [[Partido Democrático Popular de Afganistán]] (PDPA), de ideoloxía [[Marxismo|marxista]], gañou forza nestes anos. En [[1967]], o PDPA dividiuse en dúas faccións, o [[Khalq]] (traducido por masas ou pobo), liderado por [[Nur Muhammad Taraki]] e [[Hafizullah Amin]] e o [[Parcham]] (traducido por estandarte), liderado por [[Babrak Karmal]].
 
o [[17 de xullo]] de 1973, o ex-Primeiro Ministro Daoud fíxose co poder mediante un [[Golpegolpe de Estadoestado]], acusando ao goberno real de corrupción e de ser o causante das mala situación económica que atravesaba o país. Este golpe, supuxo a fin da monarquía e durante o seu goberno, Daoud gozou dunha boa reputación entre boa parte da poboación afgá, aínda que non entre os partidarios do PDPA.
 
A forte oposición das faccións do PDPA foi reprimida polo réxime de Daoud. A morte de [[Mir Akbar Khyber]], un dos líderes do PDPA, en estrañas circunstancias desencadeou unha onda de protestas en Cabul contra o goberno de Daoud, nas que foron arrestados varios dos principais dirixentes do PDPA.<ref>{{Cita publicación periódica|last=Hilali|first=A. Z.|title=The Soviet Penetration into Afghanistan and the Marxist Coup|journal=The Journal of Slavic Military Studies|volume=18|year=2005|page=709|issue=4|doi=10.1080/13518040500354984}}</ref><ref>{{Cita libro|last=Bradsher|first=Henry S.|title=Afghanistan and the Soviet Union|location=Durham|publisher=Duke Press Policy Studies|year=1983|pages=72–73}}</ref>
 
O [[27 de abril]] de [[1978]], o [[Exército Nacional Afgá|exército afgá]], que simpatizaba co PDPA, derrocou a Daoud e executouno posteriormente xunto con algúns membros da súa familia.<ref>{{Cita libro|last=Garthoff|first=Raymond L.|title=Détente and Confrontation|location=Washington D.C.|publisher=The Brookings Institute|year=1994|page=986}}</ref> Nur Muhammad Taraki, [[Secretariosecretario Xeralxeral]] do PDPA, converteuse en presidente dun Consello Revolucionario, así como no Primeiro Ministro da República Democrática de Afganistán, que acababa de ser creada.
 
=== Faccións dentro do PDPA ===
99.784

edicións