Guerra de Afganistán (1978-1992): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m arranxiños
Liña 77:
{{Véxase tamén|Historia de Afganistán}}
 
A [[República Democrática de Afganistán]] formouse trala [[Revolución de Saur]], o [[27 de abril]] de [[1978]]. O goberno implantou políticas en beneficio dos pobres e dos agricultores e aplicou a axenda [[Socialismo|socialista]]. Mantivo importantes relacións diplomáticas coa [[Unión Soviética]]. O [[5 de decembro]] de [[1978]], asinouse un tratado de amizade entre ambos países. O [[3 de xullo]] de [[1979]], o presidente estadounidense [[Jimmy Carter]] asinou a primeira directiva para ofrecer axuda financeira de maneira encuberta aos opositores ao goberno prosoviético de [[KabulCabul]].<ref>{{Cita libro|url=http://books.google.com/?id=N_hfPrIMYuEC&printsec=frontcover&dq=from+the+shadows+robert+gates#v=onepage&q=afghanistan&f=false |title=From the Shadows, Pg. 146 |publisher=Google Books |accessdate=28 de xullo de 2011|isbn=9781416543367|date=9 de xaneiro de 2007}}</ref>
 
A intervención militar rusa en Afganistán remóntase ás expansións [[Imperio ruso|tsaristas]] coñecidas como "[[O Gran Xogo|Gran Xogo]]", que mantiñan Rusia e Gran Bretaña. Esta comezou no [[século XIX]], con acontecementos como o [[Incidente de Panjdeh]], un enfrontamento militar que tivo lugar en [[1885]], cando o exército ruso se apoderou do territorio afgá ao sur do [[Amu Darya|río Oxus]], ao redor dun oasis en Panjdeh. Este interese na rexión continuou durante a era soviética, na que se destinaron millóns en axuda económica e militar a Afganistán entre os anos [[1955]] e [[1978]].<ref>Rubin, Barnett R. ''The Fragmentation of Afghanistan.'' New Haven: Yale University Press, 1995. p. 20.</ref>