'''''Lithobates catesbeianus''''' (antes ''Rana catesbeiana''), é unha especie de anfibio [[ránido]] que vivenvive en [[Estados Unidos]] e [[Canadá]], onde recibe o nome de "ra touro" (''bullfrog''), porque a súa chamada lembra os urros dun [[touro]]. É unha ra de dorso verde oliva e partes laterais con manchas con marcas marróns e un ventre abrancaadoabrancazado con manchas amarelas ou grises. O labio superior adoita ser verde brillante e os machos teñen gorxas amarelas. Habita [[corpo de auga|corpos de auga]] grandes e permanentes, como pantanos, lagoas e lagos, onde se encontra xeralmente ao longo da beira da auga. O macho defende un [[territorio (animal)|territorio]] durante a estación reprodutora. A súa chamada lembra os urros dun [[touro]], o que lle deu o seu nome común local. É nativa do sur e leste de Estodos Unidos e Canadá, pero foi amplamente introducida noutras partes de Norteamérica, Centroamérica, Suramérica, oeste de Europa e partes de Asia, e nalgunhas áreas é considerada unha [[especie invasora]].
É capturada polos humanos para comela en Norteamérica e en varios países máis nos que foi introducida. Tamén é criada en lugares controlados, aínda que isto é difícil e non sempre ten éxito. Hai certo comercio internacional de ancas desta ra para a alimentación humana. Utilízase nalgíunsnalgúns países en clases de bioloxía escolares para facer diseccións e ás veces tense como [[animal de compaña]].