Lithobates catesbeianus: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 96:
== Alimentación ==
 
Son ras voraces, predadores de emboscada oportunistas que cazan pequenaospequenos animais que poden dominar e tragar. Nos seus estómagos atopáronse roedores, pequenos réptiles, anfibios, cangrexos, aves e morcegos,<ref>{{cite journal | author = Mikula P | year = 2015 | title = Fish and amphibians as bat predators | url = | journal = European Journal of Ecology | volume = 1 | issue = 1| pages = 71–80 | doi = 10.1515/eje-2015-0010 }}</ref><ref name="eattheinvaders">{{cite web |url=http://eattheinvaders.org/bullfrog/ |title=Bullfrog |author=Moyle, Peter |date=2012-07-04 |work=Eat the Invaders |accessdate=2013-02-18}}</ref> asi como os numerosos invertebrados, como os insectos, que son alimentos habituais dos ránidos. Estes estudos revelaron que a dieta da ra touro é única entre os ránidos norteamericanos pola inclusión dunha gran porcentaxe de animais acuáticos, como peixes, cágasdos, [[Planorbis|caracois]] e escaravellos [[Dytiscus|escaravellos distícidos]]. As ras touro poden capturar presas grandes e fortes debido á súa poderosa trabada das súas mandíbulas despois do inicial golpe de lingua típico dos ránidos. Pode compensar o efecto da refraccón da luz na interface auga-aire ao golpear sobre unha posición posterior á da localización percibida da presa, pero onde esta realmente se atopa. A mellor capacidade que ten de capturar presas mergulladas, comparada coa doutras especies do seu xénero , como ''[[Lithobates clamitans|L. clamitans]], [[Lithobates pipiens|L. pipiens]]'' e ''[[Lithobates sylvaticus|L. sylvaticus]]'', respectivamente) tamén se demostrou en experimentos de laboratorio.<ref name="Cardini 1974" />
 
O movemento da presa desencadea o comportamento alimenticio. Primeiro, se é necesario, a ra realiza unha soa rotación do corpo orientada que acaba coa ra colocada en dirección á presa, seguida de saltos de aproximación se for necesario. Unha vez que está en distancia de golpeo, a ra empeza a seu golpeo de alimentación, que consiste nunha arremetida balística (cos ollos pechados durante todos os saltos) que acaba coa apertura da boca. Nese momento, a lingua carnosa cuberta de mucus esténdese cara á presa, xeralmente envolvéndoa, e as mandíbulas continúan o seu desprazamento cara adiante para pecharse (trabar) xusto cando a lingua se retrae. As presas grandes que non entran por completo na boca son emprradas dentro coas mans. En observacións de laboratorio, as ras touros que capturan ratos coa boca, xeralmente arrastran a presa baixo a auga. A asfixia é a causa máis probable da morte das presas de sangue quente desta ra.<ref name="Cardini 1974" />