Fred Trump: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
algo máis da wikipedia en inglés
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 3:
 
== Traxectoria ==
Naceu no [[Bronx]] no seo dunha familia de inmigrantes alemáns luteranos, Frederick e Elizabeth Christ Trump. Ao pouco da nacenza de Fred, a familia mudou a súa residencia para Woodhaven, en Queens. Cando Fred tiña 12 anos, seu pai morreu no epidemia de gripe de 1918<ref>[https://www.nytimes.com/1999/06/26/nyregion/fred-c-trump-postwar-master-builder-of-housing-for-middle-class-dies-at-93.html Rozhon, Tracie. "Fred C. Trump, Postwar Master Builder of Housing for Middle Class, Dies at 93"]. ''The New York Times'', 26 de xuño de 1999]</ref>, e súa nai decidiu levar ela o negocio inmobiliario de seu home, e Fred aínda menor de idade entrou en 1923 no negocio inmobiliario, financiado por súa nai edificou a súa primeira casa <ref>[https://www.nytimes.com/1973/01/28/archives/a-builder-looks-backand-moves-forward-builder-looks-back-but-moves.html Whitman, Alden. "A builder looks back—and moves forward". ''New York Times'', 28 de xaneiro de 1973.]</ref>, cambiando o nome do negocio familiar a E. Trump & Son e construíndo centos de casas en Queens nos anos seguintes<ref> Barrett, Wayne (2016). ''Trump: The Greatest Show on Earth: The Deals, the Downfall, the Reinvention''. Simon & Schuster. p. 63.</ref>. Durante a [[Gran Depresión]] a empresa deixou o negocio inmobilario e Fred abriu un supermercado, que vendeu en 1933 para volver ao sector inmobiliario<ref>D'Antonio, Michael (2015). ''The Truth About Trump''. St. Martin's Press. pp. 31 & 34</ref>. Durante a [[Segunda Guerra Mundial]] construíu apartamentos e barracóns para o persoal da [[Armada dos Estados Unidos de América|Armada]] nas proximidades dos principais estaleiros da costa leste. Despois de rematar a guerra centrou o seu negocio na construción de casas para os veteranos retornaban da guerra e complexos como o de Shore Haven en Bensonhurst en 1949 e Beach Haven próximo a Coney Island en 1950 (cun total de 2.700 apartmentos). En 1963–1964 edificou a Trump Village, un complexo de apartamentos en Coney Island. Ao longo dos anos construíu máis de 27.000 apartamentos de baixo custo e casas acaroadas en Coney Island, Bensonhurst, Sheepshead Bay, Flatbush e Brighton Beach en Brooklyn, e mais Flushing e Jamaica Estates en Queens<ref>[https://www.nytimes.com/1973/01/28/archives/a-builder-looks-backand-moves-forward-builder-looks-back-but-moves.html Whitman, Alden. "A builder looks back—and moves forward". ''New York Times'', 28 de xaneiro de 1973.]</ref>. En 1968 seu fillo, Donald, incorporouse á empresa en 1968 e en 1971 converteuse no presidente da compañía, mentres Fred permanecía como presidente do consello de administración<ref>Blair, Gwenda (2015). ''Donald Trump: The Candidate''. Simon & Schuster. p. 23.</ref>. Na primeira listaxe Forbes 400 publicada en 1982 aparecía cunha fortuna estimada de 200 millóns de dólares, compartida co seu fillo Donald <ref>[https://www.forbes.com/sites/jenniferwang/2016/03/24/the-ups-and-downs-of-donald-trump-three-decades-on-and-off-the-forbes-400/ Wang, Jennifer . "The Ups And Downs Of Donald Trump: Three Decades On And Off The Forbes 400"]. ''Forbes'', 24 de marzo de 2016</ref>.