Diferenzas entre revisións de «Usuaria:Moniquiña/obradoiro»

O contido da páxina foi eliminado
(Nova páxina: "{{Escritor|nome=Ánxela Loureiro Fernández|image=Anxela_Loureiro.jpg|descrición=|data_de_nacemento=1956|lugar_de_nacemento=Ferrol {{GAL}}|data_de_falecemento=|lugar_de_f...")
 
(O contido da páxina foi eliminado)
 
{{Escritor|nome=Ánxela Loureiro Fernández|image=Anxela_Loureiro.jpg|descrición=|data_de_nacemento=[[1956]]|lugar_de_nacemento=[[Ferrol]] {{GAL}}|data_de_falecemento=|lugar_de_falecemento=|lingua da escrita=[[lingua galega|Galego]]|xéneros=[[Teatro]], [[Novela]], [[Poesía]], [[Guión cinematográfico]]|conxuxe=|notas=}}'''Ánxela Loureiro Fernández''', nada en Ferrol en [[1956]] é unha escritora de [[literatura]] infantil e xuvenil. Cultiva diferentes xéneros literarios: [[teatro]], [[novela]], [[poesía]] e [[guión cinematográfico]]. Mestra coas especialidades de [[Ciencias Sociais]], [[Música]], [[Lingua castelá]] e [[Lingua inglesa]]. Na actualidade exerce como asesora de Educación en Valores no Centro de Formación e Recursos de [[Ferrol]].<ref>{{Cita web|título=BIOGRAFÍA - Encontros con...ÁNXELA LOUREIRO|url=https://sites.google.com/site/encontrosconanxelaloureiro/biografia|páxina-web=sites.google.com|data-acceso=2019-04-25}}</ref><ref>{{Cita web|título=Ánxela Loureiro Fernández|url=http://galegos.galiciadigital.com/gl/anxela-loureiro-fernandez|páxina-web=galegos.galiciadigital.com|data-acceso=2019-04-25|lingua=gl}}</ref>
 
== Traxectoria ==
Iníciase como escritora de teatro infantil coa obra titulada ''Ollo! Hai lurpios na horta'' que acadou o 1º Premio de Teatro Infantil do [[Ateneo Ferrolán]] e que se representou por toda Galicia en 1980.<ref>{{Cita web|título=Ateneo Ferrolán|url=https://ateneo-ferrolan.blogspot.com/2005/|páxina-web=ateneo-ferrolan.blogspot.com|data-acceso=2019-04-25}}</ref> Aínda que continuou escribindo obras teatrais, algunhas becadas pola Consellería de Cultura, a súa creatividade espallouna a outros xéneros como a poesía ou a novela.
 
A poesía, sempre vencellada á música, pois é autora de numerosas cancións polas que acadou varios premios no concurso [[Cantareliña]] ([[San Sadurniño|San Sadurniño)]] e colaborou en diferentes publicacións e discos.<ref>{{Cita web|título=Empuje.net|url=http://empuje.net/presentacion-da-publicacion-da-obra-de-teatro-infantil-lingua-de-lata/|data-acceso=2019-04-25|lingua=es-ES|páxina-web=}}</ref>
 
O seu primeiro libro de narrativa foi ''Viaxe de ida e volta'' no ano 1996. Posteriormente publicou ''Laia a nena da illa'', ''Camiño perigoso'' (ambos os dous finalistas do Premio Merlín de Edicións Xerais en diferentes convocatorias) e ''Ota quere voar'' polo que recibiu os premios Lecturas e Frei Martín Sarmiento no mesmo ano.<ref>{{Cita web|título=Camiño perigoso / Dangerous Road : Anxela Loureiro : 9788483028940|url=https://www.bookdepository.com/Cami%C3%B1o-perigoso-Dangerous-Road-Anxela-Loureiro/9788483028940|páxina-web=www.bookdepository.com|data-acceso=2019-04-25}}</ref>
 
Estes últimos anos mergullouse no mundo do [[cine]] para o que escribiu varios guións cinematográficos dirixidos á infancia: ''Pica-pica circus'', guión de longametraxe en plastilina para a produtora Luafilms; ''E por que II'', 26 guións de curtametraxes de animación coa temática de exercicio físico e alimentación saudable; e ''Bruxarías'' (2015) guión de longametraxe de animación para a produtora Continental Producciones, nominada a mellor película de animación nos Premios Platino 2017.<ref>{{Cita web|título=Premios Platino 2017: Lista de nominados|url=https://cinemaniaec.wordpress.com/2017/05/31/premios-platino-2017-lista-de-nominados-aquarius-ciudadano-ilustre-neruda-hombre-mil-caras-julieta/|páxina-web=Cinemanía|data=2017-06-01|data-acceso=2019-04-25|lingua=es-ES|nome=Juana|apelidos=Merchán}}</ref><ref>{{Cita web|título=Brujerías (2015)|url=https://www.filmaffinity.com/es/film518831.html|data-acceso=2019-04-25|lingua=es}}</ref>
 
A súa afección pola música lévaa a participar en varios grupos musicais e a dirixir coros infantís como “Ledicia” do que é a súa fundadora.<ref>{{Cita web|título=Grupo Ledicia (Grupo musical)|url=http://datos.bne.es/entidad/XX187594.html|páxina-web=datos.bne.es|data-acceso=2019-04-25|lingua=es}}</ref> Formou parte do grupo folk [[Saraibas]] actuando en numerosos escenarios de [[Galicia]] e [[Europa]] e gravando varios discos incorporando a súa voz solista, instrumentos de percusión e realizando arranxos musicais.
 
A súa profesión de mestra fai que colabore con relatorios e obradoiros en diversos foros educativos, que escriba artigos en revistas de carácter didáctico, que participe na elaboración de libros de texto ou que publique libros para o profesorado como ''Canción para o ano'' onde convida a que se utilice a música popular nas aulas. No eido educativo, ademais, impulsa a recuperación dos xogos tradicionais musicais e defende a súa incorporación nas aulas como elementos de socialización.
 
En toda a súa obra amosa un especial interese por resaltar os valores da solidariedade, amizade, igualdade e liberdade. A súa linguaxe sempre é coeducativa.
 
En marzo do ano 2019, presentou o seu libro escrito logo dunha investigación, ''Voces da memoria con ollos de muller'', para dar visibilidade ás mulleres loitadoras no periodo 1970-1977 en Ferrol e a súa achega para conquistar as liberdades democráticas.<ref>{{Cita web|url=https://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/anxela-loureiro-na-ditadura-eu-fun-detida-tres-veces-agredida-polos-guerrilleiros-cristo-rey/idEdicion-2019-03-25/idNoticia-1173209/|páxina-web=www.elcorreogallego.es|data-acceso=2019-04-25|título=Ánxela Loureiro: "Na ditadura eu fun detida tres veces e agredida polos Guerrilleiros Cristo Rey"}}</ref>
 
== Obra ==
 
=== Revistas ===
 
* Entrevista con Emilio Calatayud. Unha oportunidade para a convivencia en Revista IDEA nº 13.
* Cristina Almeida. A importancia de educar en igualdade en Revista IDEA nº14
* Nélida Zaitegi. A voz do diálogo en Revista IDEA nº 15.
 
=== Libros<ref>{{Cita web|título=Proxecto Meiga. Ver rexistro en detalle|url=http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/DetalleRexistro.aspx?CodigoBiblioteca=99CATA&Rexistro=49029&Formato=Etiquetas|páxina-web=www.opacmeiga.rbgalicia.org|data-acceso=2019-04-25}}</ref> ===
 
==== Novelas infantís e xuvenís ====
 
* ''Viaxe de ida e volta''. [[Edicións Xerais]].
* ''Laia, a nena da illa''. Edicións Xerais. (Finalista do Premio [[Merlín]])
* ''Camiño perigoso''. Edicións Xerais (Finalista do Premio Merlín 2002)
* ''Ota, quere voar'', 2003. Edicións Xerais. (Premio Lecturas [[Galix]] 2005 e Premio Literario Frei ''Martín Sarmiento'' 2005)
* ''Choiva de ras''. [[Edicións Xerais]] 2018.
 
==== Libros didácticos ====
 
* ''Cancións para o ano'' de Edicións Xerais. (Textos, partituras e actividades didácticas dirixidas ao profesorado)
* ''José Fontenla Leal un dinamizador do galeguismo''. Edición do Concello de Ferrol (Unidade didáctica)
 
==== Libros de texto ====
 
* Coautora do libro de texto globalizado ''Nobelos de papel'' de Edicións Xerais.
* Colaboradora dos libros ''Música 3'' , ''Música 4'', ''Música 5'' e ''Música 6'' de Edicións S.M.
 
==== Libros compartidos ====
 
* ''A fábrica de soños'' no libro colectivo E dixo o corvo Edicións Xunta de Galicia.
* ''Andrea Chapapote'' no libro colectivo Contos de circo, cronopios e avións. Edicións Xunta de Galicia 2005
 
==== Cancións ====
 
* ''A buxaina brincadeira'', ''Ris pun chis'' e ''Quen son?'' nos cadernos de Cantareliña II, III e VII respectivamente.
* ''A caracola'', ''Pasan coches polas rúas'', ''A castaña'', ''Sol do outono'', ''Os meus ollos'', ''Estrela na noite'', ''Nace unha planta'', ''Noite de San Xoan'', ''Facendo o disfrace'', ''Despertar no galiñeiro'', ''Arco da Vella'', ''Son ecoloxista'', ''O maio'' letras das cancións recollidas no libro As nosas cancións I e II de Edicións Música para todos.
 
=== Discos ===
 
* ''Camiño Longo''. Grupo folk [[Saraibas]]. (Voz, percusión e arranxos).
* ''Cancións para o ano''. Grupo folk Saraibas. (Coordinación, voz, percusión e arranxos).
* Canción ''Poesía'' no disco colectivo Homenaxe a [[Celso Emilio Ferreiro]]. (Voz)
* ''Música 3'' , ''Música 4'' , ''Música 5'' e ''Música 6'' de Edicións S.M. (Coordinación, arranxos musicais, voz e percusión)
 
== Notas ==
<references group=""></references>
 
== Véxase tamén ==
 
=== Ligazóns externas ===
 
* [https://www.sermosgaliza.gal/articulo/social/relato-sucesos-1972-minimizou-papel-das-mulleres/20180627165126070116.html Entrevista] en [[Sermos Galiza]]
* [https://www.youtube.com/watch?v=73h08LrPngw Cantareliña. RIS PUM CHIS]
* [https://www.youtube.com/watch?v=NAN-pIChfC8 Trailer Meigallos]
528

edicións