Leonardo da Vinci: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Desfíxose a edición 5129316 de 2A00:1FA1:438B:471E:5887:8721:C71C:DEB7 (conversa)
Etiqueta: Desfacer
Liña 96:
Regresou a Venecia en abril de 1500 para permanecer alí durante un par de meses logo de estar en [[Mantua]] en compañía do frade matemático [[Luca Pacioli]]. En Mantua destacou por un retrato que lle fixo a [[Isabel d'Este]]. Unha carta do 4 de abril de 1501 na que Pierre de Nuvola responde á duquesa de Mantua, en relación a Leonardo afirma que «os seus estudos matemáticos afastárono da pintura»; Leonardo continuaba levando a cabo grandes investigacións.<ref name=Gille/> En 1501, recibiu no convento da Santissima Annunziata a aprobación para facer un bosquexo preparatorio do que sería ''A Virxe e o Neno con santa Ana e san Xoán Bautista'', unha obra que provocou tal admiración que «homes e mulleres, novas e vellos» acudían a observala «coma se estivesen participando nun gran festival».<ref name="Vasari"/><ref>En 2005, o estudo preparatorio foi redescuberto durante a restauración dun edificio ocupado durante cen anos pola sección xeográfica do exército. Richard Owen, Found: the studio where Leonardo met Mona Lisa, [http://www.timesonline.co.uk/tol/news/world/article411195.ece Times New York]</ref> Realizou unha breve estancia en [[Roma]], na Vila Adriana, en Tívoli.<ref name="Vezzosi4"/> Estivo traballando na ''Virxe do fuso'', un encargo de Florimond Robertet, o secretario de Estado de [[Luís XII de Francia]].<ref name="Vezzosi4"/>
 
En 1502, foi solicitado polo príncipe [[César Borgia]], duque de Valentinois e fillo do papa [[Alexandre VI, papa|Alexandre VI]], e obtivo o cargo de "capitán e enxeñeiro xeral".<ref name="Chiesa"/> Quedou en [[As Marcas|Marche]] e en [[Emilia-Romaña]] para inspeccionar as fortalezas e os territorios recentemente conquistados, enchendo os seus cadernos de múltiples observacións, cartas, esbozos de traballo e copias de obras consultadas nas bibliotecas das cidades que visitaba.<ref name=Gille/> Alí reencontrouse con [[Nicolás Maquiavelo]], "espía" de Florencia ao servizo dos Borgia.
 
O [[18 de outubro]] de [[1503]], regresou a [[Florencia]], onde exerceu as funcións de arquitecto e enxeñeiro hidráulico.<ref name=Gille/> Volveu inscribirse no gremio de San Lucas e dedicou dous anos, de 1503 a 1505, á preparación e execución d'''A batalla de Anghiari'', unha pintura mural impoñente de sete por dezasete metros,<ref name="Chiesa"/><ref name="Vezzosi4"/> mentres [[Michelangelo]] pintaba ''A batalla de Cascina'' na parede oposta.<ref name="Vezzosi4"/> As dúas obras perdéronse. A obra de Miguel Anxo coñeceuse a partir dunha copia de [[Bastiano da Sangallo]] de [[1542]],<ref>Ludwig Goldscheider. Michelangelo. Phaidon, 1953.</ref> e a pintura de Leonardo coñécese a partir de esbozos preparatorios e de varias copias da sección central, das que sen dúbida a máis destacada é a de [[Peter Paul Rubens|Rubens]].<ref name="Chiesa"/> Parece ser que as causas da alteración da obra foron o lume que se utilizou para secar máis rapidamente a pintura ou a calidade do material usado; posteriormente foi recuberta, probablemente por un fresco de Giorgio Vasari.<ref name="Vezzosi4"/>