Xoana de Arco: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Departamentos de Francia
poño referencia
Liña 26:
'''Xoana de Arco''' ({{lang-fr|link=no|Jeanne d'Arc}}<ref>O seu nome foi escrito nunha variedade de formas, en particular antes da metade do século XIX. Véxase Pernoud and Clin, pp. 220–221. A súa firma aparece como "Jehanne" (véxase [http://www.stjoan-center.com/Album/part47.html www.stjoan-center.com/Album/, parts 47] and [http://www.stjoan-center.com/Album/part49.html 49]; tamén se observa en Pernoud e Clin) {{en}}.</ref>), nada o [[5 de xaneiro|5]] ou o [[6 de xaneiro]]<ref name=Nacemento>As referencias bibliográficas modernas adoitan fixar o seu día de nacemento o 6 de xaneiro. O certo é que ela mesma só foi capaz de supoñer a súa propia idade: cando lle foi preguntada durante o seu proceso, respondeu « 19 anos, aproximadamente, creo. » - Fonte: Le procès de Jeanne d'Arc [arquive]. Todas as testemuñas do xuízo tamén estimaron aproximadamente a súa idade malia que moitos foron as súas padriños e madriñas. A data do 6 de xaneiro provén dunha soa fonte: unha carta do diplomático do reino de Francia Perceval de Boulainvilliers o duque de Milan escrita o 21 de xuño de 1429 : « Veu á luz da nosa vida mortal na noite da Epifanía do Señor». (ver ''Xoana de Arco por si mesma e polas súas testemuñas'', de Régine Pernoud, p. 98. O nacemento probablemente non foi rexistrado xa que a práctica de rexistrar os nacementos dos plebeos (ou xente que non era nobre) non comezou ata uns séculos máis tarde.</ref> de [[1412]] en [[Domrémy-la-Pucelle]], un pequeno poboado sito no [[Departamentos de Francia|departamento francés]] de [[Vosgos]], e finada o [[30 de maio]] de [[1431]] en [[Ruán]], tamén coñecida como a '''Doncela de Orleáns''' (ou, en [[Lingua francesa|francés]], ''la Pucelle d'Orléans''), foi unha [[Heroe|heroína]], militar e santa francesa. A súa [[Festa|festividade]] conmemórase o día da súa morte, o 30 de maio, como é tradición na [[igrexa católica]].
 
Nada entre [[1407]] e 1412, con 17 anos encabezou o exército real francés. Convenceu o rei [[Carlos VII de Francia|Carlos VII]] de que expulsaría os ingleses de [[Francia]] e este deulle autoridade sobre o seu exército no [[sitio de Orleáns]], a [[batalla de Patay]] e outros enfrontamentos en [[1429]] e [[1430]]. Estas campañas revitalizaron a facción de Carlos VII durante a [[guerra dos Cen Anos]] e permitiron a [[Monarquía|coroación]] do monarca. Como recompensa, o rei absolveu Domrémy, vila natal de Xoana, de pagarlle o imposto anual á coroa (esta lei estivo en vigor ata hai cen anos). Os [[Borgoña|borgoñóns]] capturaron a Xoana e entregárona aos ingleses.<ref name="justice.gouv.fr">{{cita web|url=http://www.justice.gouv.fr/histoire-et-patrimoine-10050/proces-historiques-10411/le-proces-de-jeanne-darc-24376.html|título=Le procès de Jeanne d'Arc |lingua = fr | dataacceso = 25 de abril do 2019}}</ref> Os clérigos condenárona por [[herexía]] e o duque [[Xoán de Lancaster]] queimouna viva en [[Ruán]].
 
A gran maioría de datos sobre a súa vida baséanse nas actas dese proceso, pero están en certa forma provistos de descrédito, pois segundo diversas testemuñas do xuízo, estiveron cheos de correccións e datos falsos introducidos por orde do [[bispo]] [[Pierre Cauchon]]. Entre estas testemuñas estaba o [[escribán]] oficial, designado só como Manchon, que afirma que en ocasións había secretarios agochados detrás das cortinas da sala agardando instrucións para borrar ou agregar cousas das actas.