Diferenzas entre revisións de «Nippon Professional Baseball»

sen resumo de edición
A '''Nippon Professional Baseball''' ou '''NPB''' (do [[lingua inglesa|inglés]]: ''Béisbol Profesional Xaponés'', en [[lingua xaponesa|xaponés]]: 日本野球機構, ''Nippon Yakyū Kikō''), é o campionato de liga de [[béisbol]] profesional do [[Xapón]]. Chamada de forma coloquial no [[Xapón]] ''Puro Yakyū'', é a máxima categoría do béisbol nipón. Xogadores, analistas e diferentes traballadores da [[Major League Baseball]] (MLB) consideran a esta competición como "AAAA", é dicir, menos competitiva que a MLB mais por riba das máis potentes Ligas Menores "AAA" [[América do Norte|norteamericanas]].<ref name="jb">{{Cita web|url=http://www.japanball.com/playball.htm|title=For Players and Agents RE: Playing Baseball in Japan|publisher=japanball.com|lingua=inglés|data-acceso=22 de marzo de 2017|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20120910231908/http://www.japanball.com/playball.htm|dataarquivo=10 de setembro de 2012|urlmorta=si}}</ref>
 
Considérase que a orixe de liga está na fundadicón do "Club de Béisbol do Gran Xapón de Tokio" (大日本東京野球倶楽部, ''Dai-Nippon Tōkyō Yakyū Kurabu'') en 1934 e a Liga Xaponesa de Béisbol orixinal. A actual NPB foi fundada coa reorganización desta última liga en 1950. A competición actual consta de dúas conferencias de seis equipos cada unha: a [[Central League]] e a [[Pacific League]]. Cada temporada, os equipos gañadores de cada liga compiten nas Japan Series, as finais polo campionato da NPB.
 
== Formato ==
A torneo xaponés está composto por 12 equipos divididos en dúas ligas, chamadas [[Central League|Liga Central]] e [[Pacific League|Liga do Pacífico]]. Nel non existen ascensos nin descensos de categoría. O campionato comeza no mes de marzo, e durante a tempada regular cada equipo xoga 144 encontros, a maioría deles fronte a equipos da súa mesma liga. O máis habitual é que cada equipo xogue 6 días á semana, descansando os luns, salvo excepcións. Cando a 2 equipos lles toca xogar entre si, o fan 3 días seguidos, e despois xogan outros 3 partidos seguidos fronte a outro rival, logo descansan un día, e así sucesivamente.<ref>[http://bis.npb.or.jp/eng/2011/calendar/index_04.html Calendario da tempada 2011 na web da NPB] {{en}}</ref> No medio da tempada regular se disputa un "encontro das estrelas" entre combinados de xogadores cada unha das dúas ligas.
 
En outubro remata a tempada regular e teñen lugar os ''Play Offs'' de cada unha das dúas ligas. Nos ''Play Offs'' se enfrontan primeiro o 2º e o 3º equipo da clasificación de cada liga ó mellor de 3 encontros, e o gañador xoga a final fronte ó 1º da clasificación desa liga ó mellor de 7 encontros. Para rematar, deseguido se disputan as Series do Xapón, na que se enfrontan os dous equipos campións ó mellor de sete encontros, para decidir cal dos dous equipos é o campión nacional.
| align=center | 1950
|-
! style=background:#58ceff colspan=6 | [[Pacific League|<span style="color:white;">Pacific League</span>]]
|-
| '''[[Chiba Lotte Marines]]'''
53.110

edicións