Francisco de Goya: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Pintura mural e relixiosa en Zaragoza: Basílica de Nosa Señora do Pilar de Zaragoza
m →‎Pintura relixiosa: Basílica de Nosa Señora do Pilar de Zaragoza
Liña 151:
[[Ficheiro:San Bernardino de Siena (Goya).jpg|miniatura|230px|''[[San Bernardiño de Siena predicando perante Afonso V de Aragón]]'', 1783. Forma parte da decoración de [[Igrexa de San Francisco o Grande (Madrid)|San Francisco o Grande]] de Madrid. Considérase que Goya se autorretratou no mozo da dereita.]]
 
Dende comezos de 1778 Goya espera recibir a confirmación dunha importante encarga, a decoración pictórica dunha cúpula da [[Basílica de Nosa Señora do Pilar de Zaragoza]],<ref>Francisco de Goya, ''Cartas a Martín Zapater'', ed. lit. Mercedes Águeda y Xavier de Salas, Tres Cantos, Istmo, 2003, pág. 60 y n. 8, pág. 62.</ref> que a Xunta de Fábrica do devandito templo quixo encomendar a Francisco Bayeu, quen á súa vez propuxo a Goya e ó seu irmán [[Ramón Bayeu|Ramón]] para a súa realización. Na decoración da cúpula ''[[Regina Martirium]]'' e os seus [[pendente (arquitectura)|pendentes]] depositaba o artista grandes esperanzas, pois o seu traballo coma pintor de cartóns non podía colmar a ambición á que aspiraba coma gran pintor.
 
En 1780, ano no que é nomeado académico, emprende viaxe a Zaragoza para realizar o fresco so a dirección do seu cuñado, Francisco Bayeu. Malia todo, ó cabo dun ano, o resultado non satisfixo á Xunta do Pilar e propúxose a Bayeu corrixir os frescos antes de dar a súa aprobación para continuar cos [[Pendente (arquitectura)|pendentes]]. Goya non aceptou as críticas e opúxose a que se interviñese na obra que acababa de rematar. Finalmente a mediados de 1781 o aragonés, moi adoecido -nunha carta dirixida a Martín Zapater expresa que «en acordarme de Zaragoza y pintura me quemo bibo...»—,<ref>Goya, ''Cartas a Martín Zapater'', ed. cit. pág. 94.</ref> volveu á corte. O resentimento durou ata que en 1789 coñeceu a intercesión de Bayeu no seu nomeamento como [[Pintor de Cámara do Rei]]. A finais dese ano, por outra banda, morre o seu pai.