Diferenzas entre revisións de «Basílica de Nosa Señora do Pilar de Zaragoza»

m
cristianismo
m (cristianismo)
A '''Catedral-Basílica de Nosa Señora do Pilar de Zaragoza''' é un importante templo [[barroco]] situado na cidade de [[Zaragoza]], en [[Aragón]], xunto ao [[río Ebro]].
 
Segundo a tradición, trátase do primeiro templo [[Virxe María|mariano]] da [[Cristiandadecristianismo|cristiandade]], posto que nel se conserva e venera o piar -en realidade, unha columna de xaspe- que foi posto pola [[Virxe María]] quen, vivindo aínda en [[Xerusalén]], se tería aparecido en carne mortal ao [[Santiago o Maior|apóstolo Santiago]] o [[2 de xaneiro]] do ano [[40]]. Documentalmente non hai probas do consignado na tradición, cuxos pormenores datan de [[1297]] (nunha bula do papa [[Bonifacio VIII]]) e [[1299]] (nunha declaración dos Xurados de Zaragoza), onde por primeira vez se testemuña a advocación de «Santa María do Pilar», tras emprender en [[1293]] o bispo [[Hugo de Mataplana]] unha rehabilitación do edificio que ameazaba ruína, grazas ás doazóns propiciadas pola mencionada bula papal.
 
A historia documentada do templo remóntase ao [[século IX]], cando segundo a ''Historia do traslado de San Vicente'' de Aimoino, se testemuña a existencia dunha igrexa [[Arte mozárabe|mozárabe]] en [[Taifa de Zaragoza|Saraqusta]] dedicada a Santa María no mesmo lugar no que actualmente se encontra a basílica barroca. En torno a este templo articulábase unha das comunidades de cristiáns da cidade.
107.238

edicións