Distopía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
m + ref.
Liña 1:
Unha '''distopía'''<ref>Así figura no [[DiTerLi]] do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades]], aínda que a altura de 2019 o termo foi redactado cunha entrada propia.</ref> ou '''antiutopía''', ou tamén '''cacotopía'''<ref name="Bentham">Cacotopía (κακό, caco = malo; τόπος = lugar) foi the termo usado por [[Jeremy Bentham]] no século XIX nos seus traballos ([http://www.randomhouse.com/wotd/index.pperl?date=19980528], [http://www.netcharles.com/orwell/articles/col-dystopia.htm] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20060326062103/http://www.netcharles.com/orwell/articles/col-dystopia.htm |date=26 de marzo de 2006 }}, [http://books.google.com/books?ie=UTF-8&vid=ISBN157181440X&id=3ye0vWc85eYC&pg=PA230&lpg=PA230&dq=John+Stuart+Mill+dystopia+1868&sig=YesYZ8kSJZhhi2NdHdOQdZ0nDTk])</ref> é o pensamento, a [[filosofía]] ou o proceso discursivo baseado nunha [[ficción]] cuxo valor representa a [[antítese]] da [[Utopía|utópica]] ou promove a vivencia nunha "[[utopía]] negativa"<ref>JACOBY, Russell. '''Imagem Imperfeita:''' Pensamento Utópico para uma Época Antiutópica. Rio de Janeiro: Civilização Brasileira, 2007, p. 31.</ref>. Están xeralmente caracterizadas polo [[totalitarismo]], [[autoritarismo]], cun control opresivo da [[sociedade]]. Nas distopías, frecuentemente emprazada nun [[futuro]] próximo, as tendencias sociais lévanse a extremos onde a sociedade, tida como perfecta, utópica, móstrase [[corrupción|corruptíbel]], e as normas creadas para o ben común móstranse flexíbeis. Con iso, a tecnoloxía, as innovacións que aparentemente farían desas sociedades perfectas, acaban por tornarse medios de control, ben pertencentes ao [[Estado]], a institucións ou mesmo a corporacións empresariais.
 
Na literatura galega a distopía tivo un cultivo intenso nos anos 90, desde o ''[[Soños eléctricos]]'' de [[Ramón Caride Ogando]] ata o mais recente de ''Despois do cataclismo'' de [[María Alonso Alonso]], en case tódolos casos trátase de distopías postapocalípticas, incluso sucedendo na mesma Galicia e mesmo autoparodiando o xénero como en ''Galiza mutante poder'' nuclear de [[Tomás González Aloha]].