Antioquía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sobreira (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
m →‎Historia: arranxiño
Liña 47:
Antioquía foi chamada a Raíña de Oriente, situada sobre o camiño entre Oriente e Occidente e como tal un importante centro de comercio. Durante moitos séculos foi unha das principais cidades do [[Imperio Romano]], cunha poboación de medio millón de habitantes. O emperador [[Aureliano]] erixiu varias estruturas públicas monumentais e logo [[Constancio II]] construíu unha catedral octogonal, a cal foi destruída nun terremoto no ano [[526]]. Os [[Imperio Sasánida|persas]] capturaron a cidade no [[540]]. Os [[Imperio Bizantino|bizantinos]] recuperaron Antioquía, pero finalmente sucumbiu ante os [[musulmán]]s no [[636]].
 
A cidade ('''انتاكيّة''', '''Antākiyyah''' en [[Lingua árabe|árabe]]) permaneceu baixo control árabe ata [[969]], cando foi recuperada polo emperador bizantino [[Nicéforo II]] Focas. A cidade caeu novamente en [[1085]]; esta vez, a mans dos turcos [[Dinastía Selyúcida|selyúcidas]]. Trinta anos despois foi conquistada polos [[CruzadaCruzadas|cruzados]] durante a [[Primeira Cruzada]] e converteuse en capital do [[Principado de Antioquía]]. A maior parte dos séculos [[Século XII|XII]] e [[Século XIII|XIII]] estivo baixo os cruzados, ata que foi capturada polo sultán [[mameluco]] [[Baibars]] en [[1268]]. Este destruíu a cidade de tal xeito que nunca máis volveu ser unha cidade importante.
 
En [[1517]] foi conquistada polos otománs e pasa a formar parte do [[Imperio otomán]] ata o fin da [[Primeira Guerra Mundial]], pasando entón a formar parte da moderna [[Turquía]], a pesar de que na actualidade siga sobrevivindo un forte sentimento sirio entre os seus habitantes. Antakya é hoxe a capital da [[Organización territorial de Turquía|provincia turca]] de [[Provincia de Hatay|Hatay]].