Diferenzas entre revisións de «Castro Caldelas»

 
=== Festa dos Remedios ===
 
== INTRODUCIÓN: ==
Os pobos máis bonitos de España é unha asociación española creada no ano 2011 para promocionar, difundir e preservar o patrimonio cultural, natural e rural en áreas xeográficas con menor nivel de industrialización e poboación.
 
No ano 2017 xurdiu a iniciativa de que a vila de castro Caldelas puidese incluírse dentro desta Asociación, xa que cumpriría cos principais requisitos para a admisión, entre os que estaban ter unha poboación menor de 15 000 habitantes e ter un patrimonio arquitectónico ou natural certificado. O casco histórico da vila xunto coa fortaleza que preside foron declarados ben de interese cultural (BIC) no ano 1998.
 
A partir deste momento comezou un arduo traballo para superar con éxito a auditoría da comisión de calidade e así obter o selo que autentica a Castro Caldelas como un dos pobos máis bonitos de España
 
Podemos dicir que dende a inclusión de Castro Caldelas na guía da Asociación os datos estatísticos reflicten un aumento do 20 por cento no turismo local.
 
Unha das festas máis grandes que se realizas nesta vila é a dos Remedios.
 
=== 1. DESCRICIÓN ===
Dende  a noite do 6 de Setembro «Noite das bandeiras», ata o día 10, os festexos sucédense uns e outros  sen decaer en ningún momento.
 
Destacan dous dos compoñentes máis representativos e que encerran maior interese folclórico: «A noite das bandeiras» e «o Irrio peliqueiro».
 
==== NOITE DAS BANDEIRIÑAS ====
O día 6 os mozos  e non tan mozos que voluntariamente prestan a súa colaboración na organización das festas, e que foron realizando os preparativos en días anteriores, reúnense e ao dar as doce comezan a colocar as bandeiras.
 
Dende  as casas, os veciños  obsequian os traballadores con licor café e outras bebidas. E así entre tragos, coplas e ruidosa actividade van pasando as horas e  van facendo apetito. Ao acabar espera a empanada  e consúmese ao tempo que as primeiras bombas anuncian  a alborada do primeiro día de festa.
 
=====               Elaboración das bandeiras =====
As bandeiras adoitan ser de moitas cores . Cómpranse de forma rectangular despois córtanse, logrando dúas de cada peza: Unha bandeira e unha <<Bandulina>>. A cola que se emprega é a mestura de auga e fariña.
 
Na preparación esténdese oito filas de cordeis e,  a continuación vanse colocando as bandeiras alternativamente. Así vanse mesturando os cores
 
Esta tarefa Lévano a cabo os mozos dirixidos por un experto. En equipo un encárgase de poñer o engrudo, outros trasladan as bandeiras ata os cordeis e por fin uns terceiros dedícanse a colocalas. Ao terminar cada un dos cordeis, enrólanse  coidadosamente nunha especie de cruz de madeira, á espera da noite da instalación.
<br />
 
==== 2. O IRRIO PELIQUEIRO: ====
O irrio encarna toda a tradición destas festas, e o elemento máis característico do folclore de Caldelas. Con barbada máscara de madeira e vestido de frac, no que resaltan os grandes botón, vai provisto dunha pelica, ou pel de ovella,  golpea e persigue ao público, o cal está entre os seus dereitos. Sempre rodeado de gaiteiros, sae na procesión,  e é moi respectado. Dispón dos seus propios foros.
 
===== Orixe: =====
Uns pensan que representa a nobreza ou ao menos os seus administradores ou apoderados. Outros veno como un defensor do pobo cha fronte aos comerciantes e acomodados e aínda hai quen afirma que representa ao demo.
 
«<ref>{{Cita libro|título=Castro Caldelas e a súa comarca|apelidos=Blanco Sotelo|nome=Olegario|editorial=SB edicions|ano=1989|ISBN=|ref=}}</ref>Olegario Sotelo Blanco está de acordo con Vicente Risco en que a súa raíz ha de estar nas mascaradas dos tempos prehistóricos, enraizadas na cultura popular e que a igrexa ao non poder destruílas integrou nos seus rituais durante a idade media».
 
En pasados  tempos xunto co irrio saían as pantasmas, outro tipo de máscaras danzantes. <ref>{{Cita libro|título=Catro Caldelas e a súa comarca|apelidos=Sotelo Blanco|nome=Olegario|editorial=SB Edicions|ano=1989|ISBN=|ref=}}</ref>«Conta Risco que o que caracterizaba ás pantasmas era as mans, que viñan ser algo así como guantes recheos  de serraduras suxeitos ás propias mans do portador, o que facían que se balanceasen de modo autónomo nos xiros de baile. Na actualidade saen os xigantes e cabezudos».
 
De gran beleza e valor folclórico eran así mesmo as danzas de arcos típicas destas festas. Realizábana grupos de oitos mozos, ricamente vestidos. Na actualidade, é necesario acudir á festa Da Luz, en Santa Tecla, cuxas danzas son moi similares.<br />
== Castro Caldelas na cultura popular ==
[[Vicente Risco]] recolle a crenza de que, na parroquia de [[Alais, Castro Caldelas|San Pedro de Alais]] e pola parte de [[Maceda]], gardan o pan que se coce o día de [[Bertomeu, apóstolo|San Bertomeu]] (24 de agosto). Este pan non podrece nunca, e utilízase para apagar os lumes, botando neles un anaco do pan <ref>Vicente Risco 1962, 368.</ref>.
Usuario anónimo