Osíxeno: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Contido no corpo: Arranxos varios, replaced: <br /> → <br/>
m Oxidorredución
Liña 53:
|isótopo3_neutróns= 10
}}
O '''osíxeno''' ou '''oxíxeno''' (pronunciado /oks/<ref>{{DRAG|osíxeno}}</ref><ref>{{DRAG|oxíxeno}}</ref>), é un [[Táboa periódica dos elementos|elemento químico]] de [[número atómico]] 8 e símbolo '''O'''. Forma parte do grupo dos [[calcóxeno]]s e é un [[non metal]] [[reacción química|reactivo]] e forte [[oxidaciónOxidorredución |axente oxidante]] que forma [[composto químico|compostos]] facilmente coa maioría doutros elementos, principalmente en forma de [[óxido]]s. Ten a segunda [[electronegatividade]] máis alta de todos os elementos químicos, só superado polo [[flúor]].<ref>{{cita web |título=WebElements: the periodic table on the web – Oxygen: electronegativities |url=http://www.webelements.com/oxygen/electronegativity.html |páxina-web=WebElements|data-acceso=7 de novembro de 2011}}</ref> Medido pola súa [[masa]], o osíxeno é o terceiro elemento máis abundante do [[universo]], tras o [[hidróxeno]] e o [[helio]],<ref name="NBB297">{{Harvnb|Emsley|2001|p=297}}</ref> e o máis abundante na [[codia terrestre]] como parte de compostos óxidos, formando practicamente a metade da súa masa.<ref name="lanl"/> En [[condicións normais de presión e temperatura]], dous [[átomo]]s do elemento enlázanse para formar o [[osíxeno molecular|diosíxeno]], un [[gas]] [[molécula diatómica|diatómico]] incoloro, inodoro e insípido con fórmula {{nowrap|{{chem|O|2}}}}. Esta substancia constitúe o 20,8% da [[atmosfera]] e resulta necesaria para soster a [[vida]] [[Terra|terrestre]].<ref name="ECE500">{{Harvnb|Cook|Lauer|1968|p=500}}</ref> Non obstante, varios estudos dos niveis de osíxeno atmosférico indican unha progresión global descendente da proporción deste elemento, principalmente a causa das emisións procedentes da queima de [[combustible fósil|combustibles fósiles]].<ref>{{cita web|url=http://scrippso2.ucsd.edu/|título=Atmospheric Oxygen Research|editorial=Scripps Institute|data-acceso=20 de abril de 2016}}</ref>
 
É un gas [[cor|incoloro]], [[inodoro]] e [[sabor|insípido]]. Unha gran parte das clases maiores de moléculas [[química orgánica|orgánicas]] dos organismos vivos conteñen osíxeno, como as [[proteína]]s, [[ácido nucleico|ácidos nucleicos]], [[carbohidrato]]s e [[graxa]]s, así como nos constituíntes maioritarios [[química inorgánica|inorgánicos]] de cascas animais, [[dente]]s e [[óso]]s. A maior parte da masa dos organismos vivos ten o osíxeno, un dos compoñentes da [[auga]], como o principal constituínte das formas de vida. Participa de forma moi importante no ciclo enerxético dos [[ser vivo|seres vivos]], esencial na [[respiración celular]] dos [[Organismo aerobio|organismos aerobios]].