Wikipedia:Páxina de conversa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Bot: Substitución da categoría "Información básica sobre a Wikipedia" pola categoría "Wikipedia:Información básica"; cambios estética
Liña 7:
As [[Wikipedia:Páxina de usuario|páxinas de usuario]] tamén teñen as súas páxinas de conversa asociadas (por exemplo, [[Conversa usuario:Agremon]]). Cando os outros editores queren poñerse en contacto contigo, o normal é que o fagan deixando unha mensaxe [[Especial:A miña conversa|na túa páxina de conversa]]. Se alguén che deixou unha mensaxe verás un [[#Ten mensaxes novas|aviso informativo de cor laranxa]] decontado.
 
== Acceso ás páxinas de conversa ==
[[Ficheiro:Wiki discussion tab-gl.PNG|thumbminiatura|rightdereita|A lapela da conversa.]]
As ligazóns que levan ata as páxinas de conversa están sinalizadas mediante unha lapela co texto "Conversa", localizada na parte superior das páxinas. Ao premeres sobre esta lapela cambias á páxina de conversa; funciona do mesmo xeito ca a meirande parte das páxinas presentes na Wikipedia: podes ollar o seu [[Wikipedia:Historial|historial]] e [[Wikipedia:Como editar unha páxina|editala]] se queres engadir un comentario ou expoñer unha dúbida.
 
Se a ligazón "Conversa" aparece en vermello significa que ninguén comezou aínda ningún fío de conversa. O sistema de lapelas serve tamén para regresar desde a páxina de conversa ata o artigo, ata a páxina de usuario ou ata calquera á que a conversa estea asociada.
 
== Uso das páxinas de conversa ==
=== Seccións ===
Para comezar unha conversa sobre un tema novo, cree unha sección nova escribindo nunha liña isto: <kbd>== Cabeceira ==</kbd>, substituíndo "Cabeceira" por un título axeitado para o tema que se vai tratar. Cómpre lembrar que as novas discusións van ''ao final'' da páxina. Tamén podes empregar a lapela co texto "Engadir un novo comentario", na parte superior, que fai todo iso automaticamente.
 
Para seguir o fío dunha conversa en progreso, engade o teu comentario debaixo da última entrada na conversa. Se o que queres é responder á intervención doutro usuario, sitúa a túa resposta directamente debaixo desa. Ao levar a cabo estas prácticas, ten en conta os consellos sobre o uso de sangría, expostos máis abaixo.
 
=== Asina as mensaxes ===
Deberías [[Wikipedia:Asine as súas mensaxes nas páxinas de conversa|asinar as túas intervencións]] en todas as páxinas de conversa. O xeito máis cómodo de facelo é escribindo catro tiles (<kbd><nowiki>~~~~</nowiki></kbd>) ao final do comentario ou premer no botón coa sinatura ([[Ficheiro:Insert-signature.png|link=|alt=]]) presente na caixa de edición. Isto converterá automaticamente o código nunha sinatura co teu nome de usuario e a data e mais a hora. (O estilo da túa sinatura pódelo cambiar nas [[Wikipedia:Preferencias de usuario|preferencias]].)
 
=== Sangría ===
A sangría emprégase para facer a lectura máis doada e mellorar así o seguimento das conversas. Os comentarios levan sangría para sinalar que son respostas a outros comentarios.
 
Liña 49:
Cando un debate longo ten demasiada sangría, é probable que o exceso de sangría acabe por dificultar a lectura máis ca facilitala. O normal é que o editor que se decate disto "comece de novo" respondendo sen sangría ningunha. Nestes casos, pódese empregar o modelo {{m|Sen sangría}}, que axuda á sinalización.
 
== Ten mensaxes novas ==
Despois de que alguén edite a súa páxina de conversa de usuario, verás automaticamente unha alerta como a que aparece a continuación.
 
Liña 56:
Este aviso aparecerá en todas as páxinas que visites ata que leas a mensaxe que che deixaron.
 
* Se premes sobre "páxina de conversa" irás directamente á túa páxina de conversa.
* Se premes sobre "Mostrar os cambios" verás as diferenzas que provocou a última edición.
 
== Subpáxinas e arquivos ==
Ás veces, algúns debates en particular poden xerar unha cantidade desproporcionada de mensaxes nunha páxina de conversa. Nestes casos, a mellor opción pode ser trasladar a discusión a unha subpáxina da mesma páxina de conversa. Para facelo, o procedemento é crear unha páxina titulada "Conversa:Xxx/Yyy", onde "Conversa:Xxx" é o nome da páxina de conversa principal e "Yyy" indica o tema da subpáxina. Así e todo, cómpre deixar unha nota informativa na páxina de conversa orixinal cunha ligazón á subpáxina.
 
Por outra banda, aquelas páxinas de conversa que xeran importantes cantidades de mensaxes, as discusións vellas deben trasladarse ata un arquivo para que o tamaño da páxina de conversa non a faga pouco manexable. Débese utilizar o modelo {{m|Arquivos}} ao comezo da páxina de conversa para incluír unha caixa con ligazóns cara aos diferentes arquivos; porén, é importante seguir a [[Modelo:Lista de arquivos/uso|sintaxe adecuada]].
 
== Citar contidos dun artigo ==
Ás veces é necesario mostrar unha oración ou parágrafo sacado do artigo para que os outros editores poidan entender facilmente daquilo que se fala.
 
Liña 72:
{{Volver á axuda}}
 
[[Categoría:Wikipedia:Información básica sobre a Wikipedia|Páxina de conversa]]
 
[[ml:വിക്കിപീഡിയ:സംവാദം താളുകള്‍ക്കായുള്ള മാര്‍ഗ്ഗരേഖകള്‍]]