Wikipedia:Guía/Ligazóns internas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lles (conversa | contribucións)
m Gramática
m Bot: Substitución da categoría "Guía da Wikipedia" pola categoría "Wikipedia:Guía"; cambios estética
 
Liña 6:
As '''ligazóns internas''' son as ligazóns que, nun artigo da Galipedia, ligan cara a outros artigos da Wikipedia, e son moi importantes. Estas ligazóns, fáciles de crear, axudan a un mellor acceso á información relacionada co artigo que se está a ler, favorecendo a utilidade da Wikipedia.
 
== Cando (non) ligar ==
É moi útil engadir ligazóns aos artigos, pero demasiadas ligazóns poden distraer. Isto é o motivo polo que só se debería ligar a primeira aparición dunha palabra. As seccións principais poden ter máis ligazóns.
 
A observación doutros artigos da Wikipedia pódeche axudar a aprenderes cando engadir ligazóns. Olla a páxina dos [[Wikipedia:Artigos de calidade|artigos de calidade]] para obteres unha lista de artigos de alta calidade.
 
== Como ligar as páxinas ==
Para facer unha ligazón a outra páxina da Wikipedia (chamada ''ligazón interna''), pon o texto entre dous corchetes, deste xeito:
:<kbd><nowiki>[[Bugallo]]</nowiki></kbd> = [[Bugallo]]
Liña 24:
:<kbd><nowiki>''[[Cantares gallegos]]''</nowiki></kbd> = ''[[Cantares gallegos]]''
 
== Páxinas de homónimos ==
Na Wikipedia existen as páxinas de [[Axuda:Homónimos|homónimos]], que son páxinas que listan unha serie de artigos con títulos iguais, é dicir, páxinas co mesmo título, pero que non poden ter o mesmo título na Wikipedia. Para iso crease a páxina de homónimos (por exemplo [[Cabo]]) e as súas entradas con retrousos [[Cabo (xeografía)]] e [[Cabo (rango)]].
 
Pero ten coidado con algunhas páxinas, xa que a páxina de homónimos vai co retrouso '''(homónimos)''', por exemplo, [[Miño (homónimos)]]; e sen retrouso e un artigo normal, como [[Miño]] que apunta ao artigo sobre o concello da provincia da Coruña, mentres que [[río Miño]] é o título do artigo sobre o río máis importante de Galicia.
 
Ademais, hai tamén páxinas de [[Axuda:Homónimos|homónimos]] que non son artigos, pero que conteñen ligazóns a artigos con títulos similares. Algunhas como [[Lima (homónimos)]] son obvias, xa que teñen o retrouso '''(homónimos)''', mentres que outras como [[abellón]] usan títulos xenéricos. Estes títulos fan que a barra vertical sexa especialmente útil, xa que un artigo titulado [[Cadrado (álxebra)]] é moito menos lexible que [[Cadrado (álxebra)|Cadrado]].
 
Cómpre comprobar as ligazóns para aseguráreste de que apuntan cara ao artigo correcto. Podemos axudarnos coa ferramenta de [[Wikipedia:Detector de homónimos|detector de homónimos]], que resalta de amarelo unha palabra cando liga cara a unha páxina homónima. A ferramenta actívase en
 
&nbsp; ''[[Especial:Preferencias|Preferencias]] → [[Especial:Preferencias#mw-prefsection-gadgets|Trebellos]] → <u>Navegación</u> → [[Ficheiro:Check mark.png]] '''Homónimos:''' Activar o detector de homónimos'' &nbsp; <small>(para empregalo é imprescindible [[Especial:Iniciar sesión|acceder ao sistema como usuario rexistrado]])</small>.
Liña 37:
Tes máis información en: '''''[[Wikipedia:Wikiproxecto mantemento#Ligazóns a páxinas de homónimos|Wikiproxecto mantemento#Ligazóns a páxinas de homónimos]]'''''.
 
== Categorías ==
Tamén podes (e debes) incluír o artigo nunha categoría con outros dun tema relacionado. Simplemente escribe <nowiki>[[Categoría:]]</nowiki> e pon o nome da categoría entre os dous puntos e os corchetes de peche.
 
Liña 51:
</div>
 
[[Categoría:Guía da Wikipedia:Guía| 3]]