Libération: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{Listaref}}{{Periódico|nome=Libération|logo=[[Ficheiro:Libération.svg|250px]]|web=https://www.liberation.fr/|fundador=[[Jean-Paul Sartre]]<br/>Benny Lévy<br/>Serge July|lingua=[[Lingua francesa|Francés]]|localidade=[[París]], [[Francia]]|data_de_creación=[[1 de xaneiro]] de [[1973]]|editor=Libération SARL|tipo=[[Xornal]]}}
'''''Libération''''' (tamén coñecido en [[Francia]] como '''''Libé''''') é un xornal editado en [[París]] e fundado no [[1973]] polo filósofo [[Jean-Paul Sartre]] e os xornalistas Benny Lévy e [[Serge July]].
 
O proxecto naceu co nome do periódico clandestino vinculado á [[Resistencia francesa]] durante a [[Segunda Guerra Mundial]], o ''[[Libération (antigo periódico)|Libération]]'' que foi dirixido por [[Emmanuel d'Astier de la Vigerie]], e baixo o impulso do [[maio francés]]. Por iso, ''Libé'' naceu cunhas características insólitas dentro da prensa europea. As relacións laborais dentro da súa redacción non estaban xerarquizadas, todos os empregados (incluidoincluído o persoal dos obradoiros) recibía o mesmo salario e non se aceptaba publicidade nas súas páxinas.
 
Con esa estrutura e coa dirección moral de Sartre, ''Libération'' saíu á rúa por primeira vez o [[3 de febreiro]] de 1973. O seu posicionamento político era de esquerdas pero non estaba vencellado a ningún partido político, como si ocorría con ''[[L'Humanité]]'', por exemplo. Con todo, Sartre abandonou a redacción do diario en maio de [[1974]] e ''Libération'' iniciou un longo e ás veces traumático camiño cara á ''normalidade'' xornalística.