Abrir o menú principal

Cambios

O corazón é un dos órganos que máis intrigou e suscitou interese ao ser humano, en gran parte por implicacións filosóficas e afectivas que sempre estiveran relacionadas con este músculo: o misterioso, o mítico e a fascinación entre o sagrado e o máxico, que sen descanso marcaba o tempo a vida e a morte, decretándoa coa súa parada.{{sfn|Grmek||grmek}}{{sfn|Gorny||Gorny}}
 
Na [[historia da medicina]], o home [[prehistoria|prehistorico]]{{sfn|Gorny|pp=11-14|Gorny}}, os [[babilonios]]{{sfn|Gorny|p=14|Gorny}}, os [[Antigo Exipto|exipcios]]{{sfn|Gorny|pp. 15-19|Gorny}}, a [[civilización precolombiana]]{{sfn|Gorny|pp=19-28|Gorny}}, os [[pobo grego|gregos]]{{sfn|Gorny|pp=28-32|Gorny}}, os [[hindú]]s{{sfn|Gorny|pp=32-38|Gorny}} e a [[civilización chinesa]]{{sfn|Gorny|pp=38-41|Gorny}} ocupáranse do corazón tanto como o órgano sede da alma e das emocións coma orixe da forza vital. O coñecemento da anatomía do corazón baseándose no estudo autóptico do home iniciouse no período helenístico, coa constituición da escola de medicina de [[Alexandría]] (325-250 a.C.): a disección de cadáveres, prohibida na [[Grecia]] clásica, era consentida na Alexandría de [[Ptolomeo]].
 
Antes deste período, o coñecemento sobre a estrutura do corazón era moi sumario. No Exipto, malia a práctica do [[embalsamamento]], non había coñecemento suficiente sobre anatomía, porque os órganos eran extraídos a través de pequenas incisións. Na Grecia antiga as observacións anatomicas eran realizadas soamente en animais. A escola [[Hipócrates|hipocrática]] do século V a.C., que alcanzou niveis inimaxinables no campo clínico, non tiña unha clara representación do sistema cardiovascular. Unha descrición bastante detallada pódese atopar na obra "Sul cuore" (''peri karion''), contida no ''Corpus hippocraticum'', pero é amplamente aceptado que o texto foi engadido ao ''Corpus'' moito máis tarde; este tratado foi aínda importante fonte de coñecemento ata finais do século XVI.
172.797

edicións