Corazón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Vascularización: Traquea (vertebrados)
m →‎Inervación: Traquea (vertebrados)
Liña 198:
=== Inervación ===
{{VT|Sistema nervioso autónomo}}
O corazón é inervado por un gran número de fibras nerviosas autónomas que no seu conxunto se chaman [[plexo cardíaco]].{{sfn|Testut e Latarjet|p=604|Testut-Latarjet}} No plexo cardíaco poden distinguirse [[nervio]]s que se atopan en dous planos diferentes principais, o primeiro está entre o [[arco aórtico]] e a superficie frontal da [[arteria pulmonar]] dereita, e constitúe a parte ventral ou superficial do plexo, mentres que o segundo está entre a superficie posterior do arco aórtico e a superficie anterior da [[traquea]] e [[bronquio]]s principais dereito e esquerdo e denomínase parte dorsal ou profunda.{{sfn| Anastasi||}}
 
En adición a estas dúas porcións do plexo cardíaco é tamén distinguido un plexo coronario dereito que está formado por nervios do plexo cardíaco profundo que seguen nas inmediacións da [[arteria coronaria dereita]] e que inervan o corazón dereito e o plexo coronario esquerdo, máis extenso do que o dereito, formado polo prolongamento dos nervios da parte esquerda do plexo cardíaco profundo, o cal segue a [[arteria coronaria esquerda]] inervando principalmente o corazón esquerdo. Porén, non faltan ligazóns entre os dous plexos coronarios.{{sfn| Anastasi||}}
Liña 213:
[[Ficheiro:Gray506 gl.svg|miniatura|Arteria innominada ou tronco braquiocefálico]]
 
Neste punto, o ramo dereito segue anteriormente á [[arteria inominada]], cruzándoa no punto en que esta se bifurca na [[arteria carótide común]] dereita e na [[arteria subclavia]] dereita, o ramo esquerdo, polo contrario, continúa anteriormente cara á arteria subclavia esquerda, despois descende inferiormente, lateralmente ó [[arco aórtico]] (o ramo esquerdo anterolateral) e proxectan numerosos ramos mediais directos cara ó plexo cardíaco profundo; estes ramos chámanse [[nervio vago|ramos cardíacos torácicos do nervio vago]].{{sfn|Testut||Testut}} Algúns ramos anastomosan co [[nervio larínxeo recorrente]], outros con fibras nerviosas provenientes dos ganglios torácicos do tronco do simpático. Estes ramos no seu conxunto forman gran parte tanto do plexo cardíaco profundo coma do superficial, algúns de feito proxéctanse posteriormente ao arco aórtico e anteriormente cara á [[Traquea (vertebrados)|traquea]], outros anteriormente ó arco aórtico e posteriormente ó tronco pulmonar. O ramo dereito do nervio vago diríxese do brônquio principal dereito e posteriormente á arteria pulmonar dereita, despois por detrás do esófago, constituíndo o nervio vago posterior, mentres que o ramo esquerdo vai a continuación da aorta torácica descendente (proxectando o [[nervio larínxeo recorrente]] a esquerda) e transpórtase anteriormente ao esófago, constituíndo o nervio vago anterior.{{sfn|Testut||Testut}}
 
[[Ficheiro:Gray839-gl.png|miniatura|[[sistema nervioso autónomo]]: visión do [[sistema nervioso simpático]] e do [[sistema nervioso parasimpático]].]]