Primeira guerra púnica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Desfíxose a edición 5124691 de 91.116.164.71 (conversa) so, Baixo, debaixo de.
Etiqueta: Desfacer
Itálicas X italianos
Liña 11:
[[Cartago]] era unha potencia comercial e marítima no Mediterráneo, con portos no norte de [[África]], [[Península Ibérica]] e [[Sicilia]]. A cidade púnica e [[Siracusa]] tiñan unha rivalidade histórica pola proximidade e pola pretensión de ambas de dominar Sicilia.
 
En [[-288]], unha compañía de mercenarios itálicos que loitara por Siracusa contra Cartago, os [[mamertinos]], atacou a cidade de [[Messina]], ata entón en poder de Siracusa, matando todos os homes e facendo das mulleres as súas esposas. Os mamertinos dominaron o [[Estreito de Messina]] que separa o sur de Italia da illa, dominando rutas algunhas das rutas comerciais máis importantes da rexión. O éxito da ocupación incentivou unha rebelión semellante na cidade romana de [[Rhegium]], na outra beira do Estreito de Messina que só foi controlada dez anos despois, en [[-270]].
 
Asumindo o poder de [[Siracusa]] en [[-270]], [[Hierón II de Siracusa|Hierón II]] decidiu reconquistar [[Messina]] e cercou a cidade. Acuados, os mamertinos pediron axuda asemade a Roma e a Cartago. Cartago viu no pedido de axuda unha oportunidade de prexudicar a Siracusa e aumentar o seu poder en Sicilia e así respondeu enviando tropas.
 
A pesar dos mamertinos seren italianositálicos, os romanos quedaron dubitativos a axudalos contra Siracusa, sobre todo por sufriren en Rhegium un conflito semellante contra mercenarios, pero temían un aumento do poder de Cartago na súa veciñanza.
 
Cando Roma decidiu axudar os mamertinos, Cartago xa dominaba Messina, pero os mercenarios preferiron entregar o poder aos romanos. Enfurecida, Cartago aliouse a Hierón contra a nova ameaza ao seu poder en Sicilia: os romanos.