Coleópteros: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta14)
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta14)
Liña 364:
 
[[Ficheiro:Egypt.KV6.04.jpg|miniatura|Un escarabeo no [[Val dos Reis]]]]
Varias especies de escaravellos peloteiros, especialmente o escaravello sagrado, ''[[Scarabaeus sacer]]'', eran reverenciados no [[Antigo Exipto]].<ref name="egyptian">{{Cita libro |title=Beetles |publisher=Michelle Bison |author=Zabludoff, Marc |year=2008 |location=Malaysia |pages=14–17 |isbn=978-0-7614-2532-8}}</ref><ref>{{Cita web |author=Cambefort, Yves |url=http://www.insects.org/ced1/beetles_rel_sym.html |title=Beetles as religious symbols |publisher=Insects.org |date=2011 |accessdate=10 February 2017 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20161018110844/http://www.insects.org/ced1/beetles_rel_sym.html |dataarquivo=18 de outubro de 2016 |urlmorta=si }}</ref> A imaxe xeroglífica do escaravello crese que tiña unha importancia existencial, de ficción, ou ontolóxica.<ref>{{Cita web |url=http://www.reshafim.org.il/ad/egypt/bestiary/insects.htm |title=Ancient Egyptian bestiary: Insects |date=January 2002 | accessdate=July 19, 2011 |author=Dollinger, André |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20150401025144/http://www.reshafim.org.il/ad/egypt/bestiary/insects.htm |dataarquivo=01 de abril de 2015 |urlmorta=si }}</ref> Atopáronse imaxes de escarabeos en [[óso]]s, [[marfil]], pedras, cerámica e metais preciosos desde a sesta dinastía e ata o período de dominio romano. O escarabeo era de primordial importancia no culto funerario do Antigo Exipto.<ref>{{Cita web |url=http://www.all-about-egypt.com/egyptian-symbols.html |title=Egyptian Symbols |publisher=All-About-Egypt |year=2006 |accessdate=July 19, 2011 |author=Morales-Correa, Ben |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20110820175032/http://www.all-about-egypt.com/egyptian-symbols.html |dataarquivo=20 de agosto de 2011 |urlmorta=si }}</ref> O escarabeo estaba vinculado a [[Khepri]], o deus do [[sol]] nacente, debido á suposta semellanza entre o rodar unha bóla de excrementos que fai o escaravello e o rodar do sol que fai o deus.<ref name="egyptian"/> Algúns dos veciños da antiga civilización exipcia adoptaron o motivo do escarabeo para selos de varios tipos. Os mellor coñecidos son os [[selo LMLK|selos LMLK]] xudeus, nos que oito dos seus 21 debuxos representan escarabeos, que eran usados para estampar impresións en tinallas de almacenamento durante o reinado de [[Ezequías]].<ref>{{Cita libro |last1=Ussishkin |first1=David |title=The New Archaeological Excavations at Lachish (1973–1994) |date=2004 |publisher=Institute of Archaeology of Tel Aviv University |location=Tel Aviv |url=http://archaeology.tau.ac.il/?page_id=2059 |dataacceso=02 de xullo de 2018 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20180703050411/http://archaeology.tau.ac.il/?page_id=2059# |dataarquivo=03 de xullo de 2018 |urlmorta=si }}</ref> Os escaravellos son mencionados como símbolo do sol, igual que no Antigo Exipoto, na obra de [[Plutarco de Queronea|Plutarco]] do [[século I]] ''[[Moralia]]''.<ref>[http://penelope.uchicago.edu/Thayer/E/Roman/Texts/Plutarch/Moralia/Isis_and_Osiris*/E.html#ref373 "Isis and Osiris"], ''Moralia'', no volume V da [[Loeb Classical Library]], 1936. "A raza dos escaravellos non ten femias, pero todos os machos exectan esperma nun paquete redondo de material que fan rodar empuxándoo desde o lado oposto, xusto igual a como oo sol parece xirar nos ceos na dirección oposta ao seu propio curso, que é de oeste a leste.</ref> O [[Papiro máxico grego]] do [[século II]] a.C. ao [[século V]] d.C. describe os escarabeos como un ingrediente nun encantamento.<ref>{{Cita libro |editor=Betz, H. D. |editor-link=Hans Dieter Betz |date=1992 |title=The Greek Magical Papyri in Translation (Including the Demotic Spells) |edition=2nd |publisher=[[University of Chicago Press]] |pages=IV.52–85; VII.520; XII.101; XIII.1065–1070; XXXVI.170}}</ref>
 
Moitos séculos despois o escarabeo pasou a ter un valor simbólico no [[cristianismo]] [[copto]]. Como os antigos exipcios considerábano un exemplo da vida eterna, ao supoñeren erradamente que 'resucitaba' da bóla de excrementos que facía, situaban sobre o corazón das [[momia]]s unha imitación do escaravello. Posteriormente o cristianismo copto asimilou [[sincretismo|sincreticamente]] aspectos da relixión precedente, e, ademais de adoptar a [[cruz ansada]], tamén adoptou -como alegoría- o escarabeo, asimilándoo metaforicamente a [[Xesucristo]], que tamén resucitara, ao que chamaban "O Bo Escaravello", por iso nalgúns textos de [[Agostiño de Hipona]] e posteriores poden encontrarse expresións como "bonus scarabæus" en referencia a Cristo.