Axuda:Como trocar o nome dunha páxina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Bot: Substitución da categoría "COMOs" pola categoría "Wikipedia:COMOs"; cambios estética
 
Liña 16:
Dado que o sistema marca a páxina co nome vello como páxina nova, aplícase o primeiro dos dous modelos. Este modelo evita "mudar o historial", que sería unha especie de "[[revisionismo histórico]]".
 
== Como proceder ==
[[Ficheiro:Wiki-gl-user-botóns.PNG|dereita]]
Para poderlle trocar o nome a unha páxina hai que estar [[Especial:Rexistro|rexistrado]]. Atención porque:
# A aparencia "[http://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Portada&useskin=nostalgia Morriña]" non ofrece este botón;
# o botón está na barra rápida, ou sexa que esta debe estar activada (os administradores contan cun vínculo adicional na parte inferior da páxina).
 
Unha vez no artigo, preme no vínculo "mover" que hai nunha das lapelas superiores da páxina. Preguntaráseche polo nome novo da páxina e terás a opción de mover tamén a páxina de conversa do artigo. A menos que saibas o que estás a facer é máis seguro contestar que si. Fai clic en "mover páxina" e a páxina recibirá o novo título inmediatamente. O título vello converterase nunha [[Especial:Lista de redireccións|páxina de redirección]].
 
== Observacións ==
A función "mover páxina" conserva o historial completo do artigo, antes e logo da mudanza, nun único lugar, como se o artigo se denominase ''sempre'' desa maneira. Polo tanto, é preferíbel usar este método mellor que recortar texto dun artigo e pegalo noutro novo: as revisións anteriores, notas e [[WP:ATRIB|atribucións]] non se manterían se se fai así. Así e todo, ás veces recortar e pegar é precisamente o máis conveniente, como cando se subdivide unha páxina. En caso de utilizar este método, habería que incluír unha nota na páxina de conversa do artigo novo que referise de onde procede o texto.
 
Liña 33:
Hai que lembrar que as redireccións a redireccións non se seguen automaticamente. É lóxico e así se deseñou o software: evítanse os círculos viciosos e as innumerábeis redireccións que se coñecen como "vínculos spaghetti". Unha vez movida unha páxina, utiliza sempre "Páxinas que ligan con esta" para arranxar as redireccións múltiples e para asegurarte de que non se racharon vínculos.
 
== Desfacer ==
Ás veces movemos cousas e logo lamentámolo, e na Wikipedia non hai o botón "Desfacer". Non obstante, para desfacer unha mudanza feita da páxina A para a páxina B abonda con:
 
Liña 47:
É insensato e pouco produtivo provocar "guerras de movementos", que acabarán necesariamente en redireccións inútiles por todas partes. É preferíbel chegar a [[Wikipedia:Consenso|consensos]], aínda que se consideren provisorios.
 
== Imaxes ==
Só os administradores poden mudarlle o nome a unha imaxe ou á páxina de descrición dunha imaxe. Polo tanto, o método correcto para modificarlle o nome a unha imaxe ou á páxina de descrición dunha imaxe consiste en solicitalo no [[Wikipedia:Taboleiro dos administradores/Imaxes|Taboleiro dos administradores/Imaxes]].
 
Liña 55:
Cando se move unha páxina, ás veces fica atrás a páxina de conversa, mesmo cando se solicitou expresamente que se movese. Igual que antes: comproba que todo está ben minutos despois de ter trocado o nome.
 
== Solicitudes de mudanzas de páxinas ==
Se non sabes ou podes completar un movemento, pídello a un/unha administrador/a.
 
{{Volver á axuda}}
 
[[Categoría:Wikipedia:COMOs|Trocar o nome dunha paxina]]