Wikipedia:Como escribir un bo artigo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución da categoría "COMOs" pola categoría "Wikipedia:COMOs"; cambios estética
 
Liña 2:
A concepción, creación e desenvolvemento dun '''bo artigo''' pode resultar nunha actividade gratamente satisfactoria se finalmente pasa a ser [[Wikipedia:Artigos de calidade|dos mellores da Wikipedia]]. Aínda así, con todo, para que un artigo atinxa este nivel é necesario moito traballo. Algunhas pautas e ideas moi sinxelas poden axudar a volver máis doada a escrita dun artigo de calidade.
 
== Sé valente ==
{{Artigo principal|Wikipedia:Edita con afouteza}}
Queremos que os novos usuarios escriban artigos. E non te preocupes dos erros; pódense corrixir! Aínda que non esteas seguro do que vas facer, adiante, faino. Busca un tema que che guste, do que saibas, e escribe un artigo sobre el ou completa a información que xa había.
Liña 14:
O wiki fórmao unha comunidade de galipedistas, dispostos arranxar e mellorar artigos, así que non teñas medo de contribuír na Galipedia!
 
== Escribe, dálle ao teclado...! ==
O artigo debe comezar cunha breve introdución, acorde coa extensión do artigo, que describa de xeito claro o tema, referindo os puntos máis importantes a tratar máis adiante. O lector debe construír unha idea sobre o asunto e máis o contido sen ler máis que a introdución. Cómpre ter en mente que aínda que o editor estea familiarizado co que trata o artigo, os demais lectores da Wikipedia poden non o estar, e polo tanto é importante clarificar o contexto.
 
Liña 21:
Ao final do artigo deben aparecer as referencias utilizadas, e ao longo do mesmo debe haber citas nas afirmacións feitas, especialmente naquelas que carrexen controversia ou susciten dúbidas.
 
=== ...mais evita ===
;Páxinas de autopromoción
:Artigos sobre ti mesmo. Se es merecedor dunha mención na enciclopedia, deixa que outra persoa o faga por ti. Escribir sobre os teus amigos na enciclopedia pode parecer unha simpática sorpresa ou unha broma graciosa, pero eses artigos moi posiblemente serán [[Wikipedia:Eliminación rápida|borrados de inmediato]]. Por favor, evita iso para non ferir os sentimentos de ninguén.
Liña 37:
:Os artigos da Wikipedia necesitan máis ca unha soa liña de texto ou non ser só unha referencia a outro sitio. Rexeita os que son só definicións. Intenta ampliar os contidos que achegas canto poidas de acordo coa relevancia do artigo. As páxinas curtas de máis serán borradas. Trata de escribir un bo parágrafo sobre un tema que diga algo. Os bos esbozos de artigos son benvidos, xa que serven como base para escribir bos artigos. Mais se non tes suficiente material para iniciar un bo bosquexo, probablemente non deberías crealo. As definicións de dicionario pertencen a outro proxecto, o [[wikt:|Galizionario]].
 
=== ...e ten coidado con ===
;Copiar cousas
:Non violes os [[Wikipedia:Dereitos de autor|dereitos de autor]]! Para estares seguro, non copies máis dunha oración dun mesmo lugar, e sempre dándolle unha nova formulación. Por suposto, lembra documentar calquera referencia que empregues. Está permitido copiar material que se encontre no [[dominio público]], pero aínda así cómpre referenciar este material no dominio público. Decátate de que a gran maioría das páxinas que hai na internet non están no dominio público; de feito, a maioría dos textos escritos desde 1976 están automaticamente baixo dereitos de autor mesmo cando non teñan unha nota sobre dereitos de autor ou un sinal que o indique.
Liña 44:
:Non escribas artigos que teñan un punto de vista en particular sobre política, relixión ou calquera outra cousa. Comprende o que queremos dicir con [[Wikipedia:Punto de vista neutral|punto de vista neutral]] antes de empezar a escribir sobre un tema. Achega por igual todas as perspectivas sen apoiar ningunha, outorgando máis relevancia a aqueles aspectos que o merezan.
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Wikipedia:Como editar unha páxina]]
* [[Wikipedia:Libro de estilo]]
* [[Wikipedia:O artigo perfecto]]
 
{{Volver á axuda}}
 
[[Categoría:Wikipedia:COMOs|Escribir un bo artigo]]