Wikipedia:Como engadir imaxes: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Bot: Substitución da categoría "COMOs" pola categoría "Wikipedia:COMOs"; cambios estética
 
Liña 12:
 
Non esquezas o seguinte:
* Pódense cargar tantos ficheiros coma se desexe, pero por favor, sen tentar ningún acto de vandalismo contra o servidor. Véxase [[Wikipedia:Política de uso de imaxes|Política de uso de imaxes]].
* Todas as transferencias de carga e as eliminacións gárdanse nun historial ([[Especial:Log/upload|Rexistro de cargas]]).
* No campo '''Resumo''' débese escribir un texto para a [[Wikipedia:Páxina de descrición de imaxe|Páxina de descrición de imaxe]].
* Hai que marcar o cadriño mediante o cal:
:«Afirmo que o dono dos [[Wikipedia:Dereitos de autoría|dereitos de autoría]] deste ficheiro está de acordo en licencialo baixo os termos de Wikipedia copyright.»
* Convén redixir unha pequena descrición da imaxe, usando o modelo que se pode atopar en [[Wikipedia:Política de uso de imaxes]].
 
=== Subir imaxes a ''[[commons:Portada galega|Wikimedia Commons]]'' ===
Para subir imaxes a Wikimedia Commons o procedemento é exactamente igual que o explicado anteriormente. Terás que pulsar en «[[commons:Special:Upload|Subir un ficheiro]]». Tes á túa disposición moitos modelos (''templates'') para indicar a licenza da imaxe. Debes [[Commons:Commons:Marcadores de dereitos de copia|consultalas]] e [[Commons:Commons:Image copyright tags visual|velas]] antes de subir imaxes.
 
A '''principal vantaxe''' de subir imaxes a Wikimedia Commons é que '''poden ser usadas por todos os proxectos de [[Wikimedia]] sen ter que subilas a cada un dos proxectos'''.
 
== Como ligar a imaxe dende o documento na Galipedia ==
Dende a páxina correspondente, crear a seguinte ligazón:
 
Liña 37:
Soamente falta gardar a páxina correspondente para comprobar a ligazón.
 
=== Opcións de presentación ===
A anterior sintaxe é a básica para mostrar unha imaxe tal cal nun artigo. A seguinte sintaxe dá máis posibilidades e é compatible coa anterior:
 
Liña 44:
As opcións dispoñibles son:
 
:* '''miniatura''': xera unha imaxe en miniatura (''thumbnail''), aliñada por omisión á dereita, co texto alternativo escrito no pé de foto. Móstrase tamén unha icona de aumento. '''Exemplo:''' <kbd><nowiki>[[Ficheiro:Loch lochy.jpg|miniatura|Lago Lochy en Escocia]]</nowiki></kbd>
:* '''framed''': engade un marco con pé de foto á imaxe, igual ao de ''miniatura'', mais non reduce a imaxe.
:* '''dereita''': aliña a imaxe á dereita, pódese especificar con ou sen <kbd>miniatura</kbd>.
:* '''esquerda''': ídem, pero aliñado á esquerda.
:* '''none''': a imaxe preséntase sen texto nas súas marxes, aínda que se engadise a opción <kbd>miniatura</kbd>.
:* ''' ''anchura'' px''': xérase unha versión en miniatura coa anchura en [[píxel]]es especificada (p.e. '150px'). A altura calcúlase de modo que se manteña a proporción.
 
As barras verticais «|» empréganse para separar as opcións entre si, e entre a derradeira e o texto alternativo. Nas opcións descoñecidas pásanse por alto e a derradeira opción emprégase sempre como texto alternativo.
Liña 69:
[[Ficheiro:Loch lochy.jpg|miniatura|80px|Lago Lochy en Escocia]]
 
<kbd><nowiki>[[Ficheiro:Loch lochy.jpg|esquerda|80px|Lago Lochy en Escocia]]</nowiki></kbd> (80 px de ancho, á '''esquerda''') ou
 
<kbd><nowiki>[[Ficheiro:Loch lochy.jpg|miniatura|80px|Lago Lochy en Escocia]]</nowiki></kbd> (80 px de ancho, miniatura, mostrada á '''dereita''').
 
=== Cancelar o modo «texto ao redor da imaxe» ===
Despois de pór un texto a un lado ou outro dunha imaxe, para pór novo texto por debaixo, usando de novo todo o ancho dispoñible, hai que escribir antes <nowiki><br style="clear:both;"></nowiki>.
 
== Cargar unha nova versión da imaxe ==
Para substituír unha imaxe cargada previamente, por actualización da mesma ou do artigo, basta con cargar unha imaxe que teña o mesmo nome. Nestes casos por cuestións técnicas relacionadas co teu navegador (a [[memoria caché]]) pode que non vexas a nova versión da imaxe de inmediato.
 
== Tamaño dos ficheiros ==
Recóllense varios consellos en «[[Wikipedia:Como facer que as imaxes pesen pouco|Como facer que as imaxes pesen pouco]]».
 
{{Volver á axuda}}
 
[[Categoría:Wikipedia:COMOs|Engadir imaxes]]
 
[[ar:ويكيبيديا:أسئلة حقوق ملفات الوسائط]]