Axuda:Como contactar con outros usuarios: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Bot: Substitución da categoría "COMOs" pola categoría "Wikipedia:COMOs"; cambios estética
 
Liña 2:
A comunicación entre os colaboradores da Galipedia favorece a boa marcha do proxecto. Aqueles que levan máis tempo traballando no Wiki, non só agradecen e están en disposición de apoiar a calquera do resto de compañeiros, senón que perciben como un excelente indicio de interese e responsabilidade que un novo usuario se poña en contacto con eles persoalmente ou responda as mensaxes que lles envían. Os seguintes apuntamentos están destinados a facilitar ese contacto.
 
== Contactar na [[Wikipedia:A Taberna|Taberna]] ==
[[Ficheiro:Para asinar usa este botón.png|350px|rightdereita]]
Tamén é posible facer preguntas ou observacións na Taberna. O procedemento é sinxelo:
# Accede a [[Wikipedia:A Taberna]].
# Preme enriba da lapela '''''editar''''' (na parte superior da páxina).
# Vai ó final da páxina e escribe o contido que desexes.
# Ó rematares de escribir, asina facendo clic no penúltimo botón que está por riba da barra de edición (ten unha sinatura por debuxo).
# Garda os cambios que realizaches premendo en '''"''{{MediaWiki:Savearticle}}''"'''.
 
== Contactar cun usuario ==
Tódolos usuarios teñen unha páxina persoal (Usuario:''Nome de usuario'') e unha páxina de conversa (Conversa Usuario:''Nome de usuario'') para que os demais usuarios se dirixan a el. O procedemento para contactar persoalmente con outro usuario, pode realizarse de diversos xeitos.
 
# Accede á páxina de conversa do usuario:
## Se sabes o nome de usuario co que desexas contactar, podes facer unha busca escribindo na caixa de procura '''Conversa Usuario:''Nome de usuario'''''.
## Se por un casual accedes á páxina de usuario (Usuario:''Nome de usuario'') do usuario co que desexas contactar, repara en que, se premes na lapela '''conversa''' que está na parte superior da páxina, accedes á súa páxina de conversa.
## Facendo clic na sinatura dos usuarios accederás ben á súa páxina de usuario,ben á súa páxina de conversa.
# Preme enriba da lapela '''''nova sección''''' (na parte superior da páxina).
# Ó rematares de escribir, asina premendo no botón que ten como debuxo un lapis azul asinando.
# Garda os cambios que realizaches premendo en '''"''{{MediaWiki:Savearticle}}''"'''.
 
Tamén podes dar aviso dos teus comentarios a outros usuarios se pos dentro do mesmo unha ligazón ás súas páxinas de conversa. Ó facer iso o Sistema de Notificación da Galipedia deixaralles unha nota que verán a seguinte vez que accedan ó sistema.
Liña 26:
{{Volver á axuda}}
 
[[Categoría:Wikipedia:COMOs|Contactar con outros usuarios]]