Abrir o menú principal

Cambios

→‎Ligazóns externas: WWW foundation
 
O concepto fundamental subxacente do [[hipertexto]] orixinouse en proxectos máis antigos da [[década de 1960]], por exemplo o ''Hypertext Editing System'' (HES) ou Sistema de edición de hipertexto da [[Universidade de Brown]], o ''Proxecto Xanadu'' de [[Ted Nelson]] ou o ''sistema NLS'' de [[Douglas Engelbart]]. Antes de todo isto, en [[1945]], Vannevar Bush describira o [[ensaio (literatura)|ensaio]] "As We May Think"<ref>[http://graphics.cs.brown.edu/html/info/vannevar_bush.html As we may think. A Celebration of Vannevar Bush's 1945 Vision]</ref> un dispositivo chamado "[[Memex]]", que imaxinou en forma de [[Microfilme]] persoal para almacenar libros, enciclopedias, etc. Douglas Engelbart inspirouse neste documento para crear o concepto de [[hiperligazón]].
<ref name="NMR">Wardrip-Fruin, Noah e Nick Montfort, ed (2003). The New Media Reader. The MIT Press. ISBN 0-262-23227-8.</ref>
 
O avance de Berners-Lee consistiu a incorporar o hipertexto en Internet. No seu libro ''Weaving The Web'' (Tecendo a web), explica que el suxerira repetidamente que a unión entre as dúas tecnoloxías era posible para os técnicos de ambas, pero dado que ninguén aceptou a súa invitación finalmente decidiuse a desenvolver o seu propio proxecto. Durante o proceso desenvolveu un sistema de identificadores globais únicos para os recursos no sistema web e noutros lugares: o ''Universal Document Identifier'' (UDI) ou Identificador Universal de Documentos, que máis tarde sería coñecido como [[Uniform Resource Locator]] (URL) ou localizador uniforme de recursos e o [[URI|Uniform Resource Identifier]] (URI) ou identificador uniforme de recursos; a linguaxe de edición e publicación o [[HTML|Hyper Text Markup Language]] (HTML) ou linguaxe de marcado de hipertexto, e o [[HTTP|protocolo de transferencia de hipertexto]] (HTTP do inglés ''HyperText Transfer Protocol'').<ref>{{cita web|título=Inventor of the Week Arquive: The World Wide Web|url=http://web.mit.edu/invent/iow/berners-Lee.html|editor=[[Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts]]: MIT School of Engineering|dataacceso=20 de novembro de 2010}}</ref>
===Ligazóns externas===
* [http://www.w3.org/ World Wide Web Consortium], o creador de estándares como HTML, XML, HTTP, WAP, PNG e outros.
*[https://webfoundation.org World Wide Web Foundation]
 
{{Control de autoridades}}
13.955

edicións