Diferenzas entre revisións de «Camerún»

 
== Historia ==
{{Artigo principal|Historia dode Camerún}}
Os primeiros habitantes do que hoxe é Camerún foron os [[baka]], un pobo pigmeo que logo da [[migración bantú]] quedou reducido aos lugares máis inaccesibles. Os portugueses chegaron á costa camerunesa a fins do século XV e comezos do XVI, a malaria non permitiu que estableceran asentamentos permanentes. Os primeiros asentamentos estables europeos datan de finais da década de [[1870]], cando o uso da [[quinina]] fixo posible combater a [[malaria]]. No inicio, os europeos estaban sobre todo interesados en comerciar, o que facían na zona costeira, e adquirir escravos. O comercio de escravos foi reprimido a mediados do [[século XIX]], aínda no remate dese século instaláronse no Camerún misións cristiás, as cales continúan a desempeñar un papel na vida do país.
 
283.915

edicións