Vietnam: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta14)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 76:
[[Ficheiro:Vietnam territorial expansion (900–1760 AD).gif|dereita|miniatura|Mapa da expansión do pobo vietnamita cara o sur, ''Nam Tien'', dende 1069 a 1757.]]
 
No [[século XV]], o [[feudalismo]] acadou o seu máximo esplendor, especialmente durante o reinado do Emperador [[Lê Thánh Tông]]. Entre os séculos [[século XI|XI]] e [[século XVIII|XVIII]], os [[Pobo vietnamita|vietnamitas]] expandíronse ó sur nun proceso que chamaron nam tiến (''expansión sur'' e que os levou a conquistar o [[Reino de Champa]] (o cal desapareceu definitivamente como estado) e parte do [[imperio khmer]] (Kampuchea Krom).
 
A finais da dinastía Lê, Vietnam sufriu conflitos civís, primeiro co apoio que os chineses deron á Dinastía Mac, a cal desafiou o poder da dinastía Lê, e despois, coa derrota da dinastía Mac que supuxo o retorno da anterior. Daquela, o poder foi dividido entre os Señores Trịnh do norte e os Señores Nguyễn do sur, o que levou ó país a un novo conflito: a guerra civil Trịnh-Nguyễn que durou máis dun século. A guerra rematou cando os irmáns Tây Sơn derrotaron ós señores e estableceron unha nova dinastía. Porén, o seu goberno non durou e foron derrotados polos remanentes dos Señores Nguyễn coa axuda dos [[Francia|franceses]], quen estableceron a [[Dinastía Nguyễn]].