Organización das Nacións Unidas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
{{1000 artigos icona título|materia=Xeografía e historia}}
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta14)
Liña 60:
O sistema das Nacións Unidas está baseado en cinco órganos principais: a [[Asemblea Xeral das Nacións Unidas|Asemblea Xeral]], o [[Consello de Seguridade das Nacións Unidas|Consello de Seguridade]], o [[Consello Económico e Social das Nacións Unidas|Consello Económico e Social]] (ECOSOC), o [[Secretariado das Nacións Unidas|Secretariado]] e o [[Tribunal Internacional de Xustiza]]{{sfn|Fasulo|2004|pp=3–4}}. O sexto órgano principal, o [[Consello de Tutela das Nacións Unidas|Consello de Tutela]], suspendeu a súa actividade en [[1994]] trala independencia de [[Palau]], o último territorio baixo tutela das Nacións Unidas{{sfn|Fasulo|2004|p=8}}.
 
Catro dos cinco órganos principais atópanse localizados na sede das Nacións Unidas de Nova York<ref>{{cita web| url=http://visit.un.org/content/location| título=United Nations Visitors Centre - Location| editor=ONU| dataacceso=3 de abril de 2016}}</ref>. O [[Tribunal Internacional de Xustiza]] localízase na [[A Haia|Haia]], mentres que outras axencias importantes teñen a súa sede en [[Xenebra, Suíza]]<ref>{{cita web |url=http://www.unog.ch/ |título=United Nations Office at Geneva |editor=United Nations Office at Geneva |dataacceso=3 de abril de 2016}}</ref>, en [[Viena]]<ref>{{cita web|url=http://www.unvienna.org/unov/ |título=Welcome to the United Nations Office at Vienna! |editor=United Nations Office at Vienna |dataacceso=3 de abril de 2016}}</ref> e en [[Nairobi]]<ref>{{cita web |url=http://www.unon.org/ |título=Welcome to the United Nations Office at Nairobi |editor=United Nations Office at Nairobi |dataacceso=3 de abril de 2016 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20110225211039/http://www.unon.org/ |dataarquivo=25 de febreiro de 2011 |urlmorta=si }}</ref>. Outras institucións das Nacións Unidas están repartidas por todo o mundo. A ONU utiliza 6 linguas oficiais: [[Lingua árabe|árabe]], [[Lingua chinesa|chinés]], [[Lingua española|español]], [[Lingua francesa|francés]], [[Lingua inglesa|inglés]] e [[Lingua rusa|ruso]]<ref>{{cita web|título=Official Languages|url=https://www.un.org/en/sections/about-un/official-languages/index.html|editor=un.org|dataacceso=2 de abril de 2016}}</ref><ref name=langs>{{cita web |url=https://www.un.org/en/ga/about/ropga/lang.shtml |título=General Assembly of the United Nations – Rules of Procedure |publisher=UN Department for General Assembly |accessdate=3 de abril de 2016}}</ref>. Case todas as reunións oficiais son interpretadas simultaneamente para estas linguas. Case todos os documentos oficiais, en soporte de papel e en liña, son traducidos para estes seis idiomas. Nalgunhas dependencias, como na Secretaría, as conferencias e mailos documentos de traballo son só en francés e inglés ou en español, francés e inglés e as publicacións realízanse nestes dous ou tres idiomas. De acordo coa [[Convención de Privilexios e Inmunidades das Nacións Unidas]], a ONU e as súas axencias teñen [[inmunidade diplomática]] ás [[lei]]s dos países onde operan, salvagardando a imparcialidade das Nacións Unidas<ref>{{cita web |url=http://diplomaticlaw.com/blog/2009/03/23/jerusalem-court-no-immunity-for-un-employee-for-private-acts/ |título=Jerusalem Court: No Immunity for UN Employee for Private Acts—Diplomatic/Consular Law and Sovereign Immunity in Israel |editor=Diplomaticlaw.com |dataacceso=3 de abril de 2016 |urlarquivo=https://archive.is/20120628214535/http://diplomaticlaw.com/blog/2009/03/23/jerusalem-court-no-immunity-for-un-employee-for-private-acts/ |dataarquivo=28 de xuño de 2012 |urlmorta=si }}</ref>.
 
Por debaixo dos órganos e segundo as palabras da autora Linda Fasulo, existe "unha incríbel colección de entidades e organizacións, algunhas das cales son mesmo anteriores á propia ONU e que actúan case con absoluta independencia dela"{{sfn|Fasulo|2004|p=4}}. Entre elas inclúense axencias especializadas, institucións de investigación e formación, programas e fondos e outras entidades das Nacións Unidas{{sfn|Fasulo|2004|pp=4–7}}.