Tiburóns: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 37:
Os tiburóns son [[condrictios]] (peixes cartilaxinosos), é dicir, o seu esqueleto está formado por [[cartilaxe]]s en vez de por [[óso]]s.
 
A pel é rugosa e está cuberta por unha especie de escamas coñecidas como ''dentículos dérmicos'', [[escama]]s óseas de orixe [[derme|dérmica]] e [[epiderme|epidérmica]], moi diferentes das verdadeiras escamas dos [[osteíctios|peixes óseos]], que a protexen contra os parasitos; outra das funcións desta pel tan específica é a de actuar como un silenciador, xa que a augaagua se distribúe cara a dentro das súas fendeduras e non cara a fóra, limitando a [[fricción]] contra a [[auga|agua]], mellorando a mobilidade e a velocidade da natación e, ademais, facendo que o desprazamento do peixe sexa moito máis silencioso.
 
Os tiburóns caracterízanse pola súa silueta fusiforme, [[hidrodinámica]], e polas súas típicas [[aleta]]s pectorais e dorsais, así como pola [[aleta|aleta caudal]] [[aleta|heterocerca]] (asimétrica). A diferenza dos peixes óseos, que teñen as galadas protexidas por [[opérculo (peixes)|opérculos]], presentan, segundo as especies, de cinco a sete pares de branquias a ambos os lados da cabeza, que se abren ao exterior por senllas fendeduras branquiais.<ref>A. Ferrari & A. Ferrari (2009), pp. 12-16.</ref>
Liña 74:
Os tiburóns utilizan a aleta caudal para propulsarse e para cambiar bruscamente de dirección, as aletas pectorais actúan como [[leme]] co mesmo principio que as ás ou ''planos'' dos avións, e as dorsais serven de estabilizadores.
 
Case todos os tiburóns teñen que estar nadando continuamente, incluso a baixa velocidade, co fin de manter un fluxo de augaagua que achegue suficiente [[oxíxeno molecular|oxíxeno]] ás [[branquia]]s. Porén, algúns, especialmente os que viven cerca dos arrecifes, repousan no fondo poñéndose contra a corrente, o que é suficiente porque así captan o oxíxeno necesario para o seu metabolismo.<ref>Johnson, R. H. (1978): ''Sharks of tropical and temperate seas''. Singapore: Les éditions du Pacifique. ISBN 981-204-116-8, p. 20.</ref>
 
A velocidade e a aceleración dependen da forma da aleta caudal. As formas varían considerabelmente entre as distintas especies debido á súa evolución en distintos ambientes. Os escualos teñen unha aleta caudal heterocerca: a parte dorsal é xeralmente máis longa que a ventral. A [[columna vertebral]] esténdese na parte dorsal, proporcionando unha maior superficie para a inserción de músculos. Isto permite un desprazamento na natación máis eficiente compensando a moi escasa flotabilidade destes peixes cartilaxinosos, a diferenza da maioría dos [[osteíctios|peixes óseos]], que teñen aleta caudal homocerca.<ref>Ferrari & Ferrari (2009), pp. 36-38.</ref>
 
A aleta caudal do [[tiburón tigre]] (''Galeocerdo cuvier'') ten un gran lóbulo superior, o que lle permite pasar dunha natación lenta a unha rápida. Este tiburón debe poder xirar na augaagua facilmente cando caza as presas que constitúen a súa variada dieta, mentres que o [[marraxo]] (''Lamna nasus''), que caza peixes como a [[xarda]] e o [[arenque]], ten un gran lóbulo inferior que o axuda a seguir o rápido ritmo das súas presas. A cola pode axudar tamén a cazar as presas, como no [[raposo do mar]] (''Alopias vulpinus''), que co lóbulo superior, extraordinariamente alongado, atordoa aos peixes e ás [[lura]]s.
[[Ficheiro:Denticules cutanés du requin citron Negaprion brevirostris vus au microscope électronique à balayage.jpg|miniatura|Dentículos dérmicos do [[tiburón limón]] (''Negaprion brevirostris'') vistos no [[microscopio electrónico]].]]
 
Liña 89:
 
== Sentidos ==
Os tiburóns, como outros peixes, posúen unha [[liña lateral]] a cada flanco do seu corpo que lles permite detectar cambios de presión e movementos na augaagua; como outros [[elasmobranquios]] tamén posúen no fociño [[Ampola de Lorenzini|ampolas de Lorenzini]]: órganos sensíbeis aos campos eléctricos (en especial aos pequenos campos eléctricos xerados por outros seres vivos na augaagua); tal sensibilidade aparece especialmente desenvolvida nos tiburóns martelo.
 
Os ollos dos tiburóns teñen, segundo parece, unha excelente visión potenciando a capacidade de ver en condicións de pouca iluminación (moi útil, por exemplo, para cazar en covas ou durante a noite, así como a grandes profundidades) mercé a que tras a [[retina]] posúen un ''[[tapetum lucidum]]''. Porén, estudos recentes indican que a súa visión sería monocromática ao teren un único tipo de [[cono (célula)|conos]] ou incluso careceren deles nalgunhas especies.<ref>http://zco1999.wordpress.com/2011/01/29/los-tiburones-no-ven-colores/ ZCO-1999: Los tiburones no ven colores] {{es}} Consultada o 9/11/2012.</ref>
Liña 96:
 
== Reprodución ==
A maioría dos peixes óseos producen gran cantidade de [[ovo (bioloxía)|ovos]] (en realidade, [[óvulo]]s) moi pequenos que se depositan na augaagua, onde son fecundados externamente polos [[espermatozoide]]s liberados polos machos). Este é un proceso no que se produce un gran desbildamento de materia e enerxía, porque a mortalidade inicial entre os ovos e as larvas sen protección é enorme, e as taxas de supervivencia son función das condicións ambientais. Os tiburóns optaron por unha estratexia reprodutiva diferente: os óvulos fecúndanse internamente, investindo máis enerxía en producir menos crías, pero máis protexidas.
 
Os métodos de reprodución dos tiburóns van desde as formas [[ovíparo|ovíparas]], que poñen os ovos grandes e ben protexidos, até as especies [[ovovivíparo|ovovivíparas]], que dan a luz crías vivas que se nutriron a través dunha ''[[placenta]]'', de maneira análoga aos [[mamíferos]].<ref name=Compagno/><ref>[http://www.seaworld.org/animal-info/info-books/sharks-&-rays/birth-&-care.htm Sharks & Rays. Embryonic development] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20130803103514/http://www.seaworld.org/animal-info/info-books/sharks-%26-rays/birth-%26-care.htm |date=03 de agosto de 2013 }} en Animals. {{en}} Consultada o 9/12/2012.</ref>
 
=== Órganos reprodutores masculinos ===
Os tiburóns machos teñen un par de [[pterigopodio]]s,<ref name=Elasmo>[http://elasmo-research.org/education/topics/lh_2penises.htm Why Do Sharks Have ''Two'' Penises?] en Biology of Sharks & Rays.</ref> {{en}} Consultada o 9/12/2012.</ref> órganos cilíndricos [[pene|peneanos]] formados a partir dunha modificación das [[Aleta|aletas pelvianas]]. Nos machos inmaturos os pterigopodios son curtos e brandos, pero nos individuos sexualmente maduros son longos e ríxidos, a causa da calcificación que experimentan no curso da maduración. Durante a [[cópula]] o macho introduce un deles na abertura xenital da femia e, nalgunhas especies o extremo ábrese, fixando o pterigopodio e mantendo o [[oviduto]] aberto para facilitar o paso dos [[espermatozoide]]s; estes saen polo poro xenital do macho e son conducidos por un canal presente ao longo do pterigopodio; asociados a este último hai dous sacos musculares dirixidos cara adiante baixo a pel do ventre; antes da cópula estes énchense de augaagua, a cal se expulsa despois para que arrastre o [[seme]] desde o pterigopodio até o oviduto da femia. Os espermatozoides prodúcense en [[testículo]]s pares e almacénanse xa sexa nos [[espermiduto]]s ou ben en sacos espermáticos accesorios. Nalgunhas especies, como a '''quenlla''' (''[[Prionace glauca]]''),<ref>A verdadeira '''quenlla''', nome que algúns autores fan extensivo a todos os tiburóns.</ref> os espermatozoides empaquétanse en cápsulas protectoras chamadas [[espermatóforos]].
 
=== Apareamento ===
Liña 121:
O paso das substancias alimenticias da nai ao embrión pode producirse de dúas maneiras. A primeira dáse en tiburóns con cordón liso e denomínase [[hemotrófica]], pois as substancias alimenticias pasan disolvidas no plasma sanguíneo a través da placenta. A segunda, propia dos individuos con cordón festonado, chámase [[embriotrófica]] ou [[histotrófica]]; neste caso, o alimento pasa a través do canal alimenticio.
 
Os embrións están inmersos en líquido intrauterino, rico en substancias nutritivas, augaagua e sales, chamado ''leite vitelino''; estas substancias son absorbidas directamente polo embrión, a través da boca e dos [[espiráculo]]s (se os hai), e polas expansións festonadas do cordón, no caso dos histotróficos.
 
==== ''Placentarios'' ====
Liña 336:
Os tiburóns híbridos son un cruzamento entre o [[tiburón de aletas negras]] (''Carcharhinus melanopterus'') común (que non habita en Australia) e o tiburón de aletas negras australiano, dúas especies relacionadas pero xeneticamente distintas.<ref>[http://www.eluniversal.com.mx/articulos/68229.html Hallan a los primeros tiburones híbridos] Diario ''El Universal'' (México) 3/01/2012.</ref>
 
O tiburón de aletas negras australiano é máis pequeno que o seu parente e vive en augasaguas tropicais, pero encontráronse os híbridos cara ao sur, onde a temperatura do mar é moito máis fría.<ref>[http://latercera.com/noticia/tendencias/2012/01/659-420723-9-descubren-tiburones-hibridos-en-la-costa-de-australia.shtml Descubren tiburones híbridos en la costa de Australia]
Diario''La Tercera''. Santiago (Chile), 3/01/2012. Consultada o 11/112/2012.</ref>