Diferenzas entre revisións de «Alba Flores»

(grabar > gravar)
'''Alba González Villa''', nada en [[Madrid]] o [[27 de outubro]] de [[1986]], é unha actriz española, máis coñecida polo seu nome artístico '''Alba Flores'''. É coñecida por interpretar os personaxes de Saray en ''Vis a vis'' e Nairobi en ''La casa de papel''.
==Traxectoria==
Alba Flores é a única filla do músico e compositor [[Antonio Flores]], quen lle dedicou unha canción co seu nome, e Ana Villa, produtora de teatro. Á súa vez é neta de Lola Flores, sobriña das tamén cantantes [[Lolita Flores]] e [[Rosario Flores]] e primacurmá da actriz [[Elena Furiase]].
 
Estudou interpretación dende os trece anos de idade, deixando nun segundo plano a faceta musical dos seus ascendentes. Na súa curta vida coma actriz realizou numerosas obras, aínda que as máis trascendentes a nivel dos medios son ''Luna de miel en Hiroshima'' (2005) e a versión xitana de ''Sueño de una noche de verano'' (2007).
299.249

edicións